Skip to Content
   

En maio os alumnos de 4º estivemos facendo unha intermareal coa Illa dos Ratos. Compartiron con nos a sua sabedoría sobre este singular espazo de PuntaBalea

   
   

O mércores 24 de abril un grupo de 38 estudantes do IES Monte Carrasco participaron no Campionato Provincial de Orientación en Liña celebrado no Parque de Castrelos de Vigo...

   

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

Comunicado do profesorado

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS DE MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2020/2021

Aberto o prazo para a presentación de solicitudes de participación no FondoLibros e Axudas de material.

Poden acceder a toda información na pestana  Secretaría (na marxe esquerda da páxina) no apartado Fondo de libros e axudas de material ou clicando neste enlace.

.

ITINERARIOS E OPTATIVIDADE DE 4º ESO

O alumnado de 3º ESO deberá cubrir o seguinte documento Itinerarios e optatividade de 4ºESO  e envialo

ao correo do centro ( ies.montecarrasco.cangas@edu.xunta.gal ) indicando no asunto o seu nome e apelidos.

 

OPTATIVIDADE DE 3º ESO

O alumnado de 2º ESO deberá cubrir o seguinte documento Optativas de 3º ESO  e envialo

ao correo do centro ( ies.montecarrasco.cangas@edu.xunta.gal ) indicando no asunto o seu nome e apelidos.

Data límite de envío 12 de xuño.

 

.

 


 PROCESO DE ADMISIÓN EN CENTROS EDUCATIVOS PARA O CURSO 2020/2021

Resolución da Consellería De Educación, Universidade E Formación Profesional do 7 de maio de 2020 sobre o restablecemento do procedemento de admisión de alumnado do 2º ciclo de Educación Infantil, Educación Primaria, Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso académico 2020/2021

 

Novos prazos do proceso:

Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo: ata o día 26 de maio de 2020.

(Neste centro non é preciso baremar en ningún dos cursos por ter prazas suficientes para todas as solicitudes)

 

Publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido: 4 de xuño

 Consulta polas familias só se poderá realizar de forma:

  • Presencial: no taboleiro de anuncios situado no interior do edificio escolar.
  • Non presencial: a través da aplicación admisionalumnado empregando a Chave365 ou certificado dixital.

 As familias poderán chamar á secretaría do centro para confirmar a admisión do novo alumnado.

  Poderanse formular reclamacións contra as listaxes provisionais no prazo de 3 días hábiles contados desde o seguinte ao da súa publicación. (5, 8 e 9 de xuño)

Publicación das listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido: ata o 26 de xuño de 2020.

(pendente de determinar a data de publicación no centro da listaxe definitiva)

 

Formalización da matrícula ordinaria en educación secundaria obrigatoria e bacharelato: do 1 ao 10 xullo. Prazo extraordinario para alumnado que non promocione en xuño: do 1 ao 10 de setembro de 2020.

 

 

Horario de atención presencial ao públicol no centro de luns a venres de 10 a 13 horas.

No caso de necesitar realizar algún trámite recomendamos chamar previamente á secretaría do centro no número 886110159 no horario sinalado co fin de achegar información sobre o procedemento a seguir e axilizar a súa tramitación.

Así mesmo, no caso de ter que acudir ao centro lembrámoslles todas as recomendacións establecidas con relación ao Covid-19: extremar as medidas de hixiene respiratoria, como ao tusir cubrir a boca cun pano desbotable ou contra o brazo co cóbado flexionado, evitar tocar os ollos, o nariz ou a boca, manter unha adecuada e frecuente hixiene de mans co emprego das solucións hidroalcólicas que estarán a disposición do público na entrada do centro, empregar mascarillas de ser posible, non acudir no caso de ter síntomas compatibles co Covid-19, manter a distancia de seguridade de dous metros,…

 

 


 

Distribuir contido


Información do Centro

IES MONTE CARRASCO

Rúa Monte Carrasco, 20

36940 Cangas, Pontevedra

Teléfono de contacto:

886 110 160

Correo electrónico: 

 ies.montecarrasco.cangas@edu.xunta.gal

Horario lectivo:

Luns, Mércores e Venres:

8:20 a 13:45

Martes e Xoves

8:20 a 14:50

Como chegar:

42º 16' 32,7" N    8º 47' 38,4" W

by Dr. Radut