Skip to Content
   

En maio os alumnos de 4º estivemos facendo unha intermareal coa Illa dos Ratos. Compartiron con nos a sua sabedoría sobre este singular espazo de PuntaBalea

   
   

O mércores 24 de abril un grupo de 38 estudantes do IES Monte Carrasco participaron no Campionato Provincial de Orientación en Liña celebrado no Parque de Castrelos de Vigo...

   

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

25N Día Internacional contra as Violencias Machistas

25N

 

Video

 

Manifesto 25N

No pasado ano 2020 46 mulleres foron asasinadas a mans das súas parellas ou exparellas.

Isto din as estatísticas oficiais do Ministerio de Igualdade en España, que leva un número de 1118 vítimas desde 2003.

Destes 46 asasinatos 4 ocorreron en Galicia. E destas 46 vítimas tan só 6 foron o suficientemente fortes para denunciar.

Por iso manifesto que non quero...

-        Ter medo cando vou soa pola rúa

-        Ter que ter coidado de como me visto

-        Ser obrigada a ser nai

-        Deberlle feminidade a ninguén

-        Que xulguen o meu corpo

-        Ter que ser calmada e submisa

Pero si quero:

-        Expresarme e dar a miña opinión das cousas

-        Que me escoiten

-        Ter decisión persoais e legais sobre o meu corpo

-        Unha relación de respecto mutuo

-        Chegar laboralmente onde eu queira, chegar sen atrancos de xénero

-        Vestirme como me pete

-        Amar a quen queira

-        O respecto que merezo

 Por iso hoxe e todos os días, loitarei para que esas estatísticas cheguen a 0.

Loitarei polas que xa non están e polas que están por vir.

Loitarei ata que se faga xustiza polo asasinatos,

polas violacións,

polos comentarios machistas nas ceas familiares.

Isto comezou hai moito tempo e non rematará ata que todas nos sintamos seguras en calquera parte do mundo.

No IES Monte Carrasco, a 25 de novembro de 2021, eu, Isabel Estévez Barreiro, asino este manifesto CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA.

 

Procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado

 ORDE do 28 de outubro de 2021 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería, así como en centros privados concertados, no curso 2021/22 (código de procedemento ED330E)

PROCEDEMENTO DE DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS ENTRE O ALUMNADO

O instituto distribuirá máscaras a todo o alumnado que recibiu o cheque de material neste curso. Este alumnado non terá que presentar ningunha solicitude, o procedemento é automático.

Quen ten que  presentar solicitude: O alumnado que non foi beneficiario da axuda de material escolar no curso 2021-2022 que cumpra algunha das seguintescondicións:

-  Quepertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferiora 6.000€.

-  Alumnado matriculado en educación especial.

-  Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.

-  Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.

Forma de presentación da solicitude: Unicamente de forma presencial no centro educativo (pode solicitarse na secretaría do centro ou descargarse na páxina web)

Prazo: do 16 ao 26 de novembro de 2021.

Publicado no DOG do 12 de novembro.

SOLICITUDE

 

RECICLAMOS AS MÁSCARAS

Como parte da iniciativa EN PLAN SOSTIBLE promovida desde o Centro, estase a levar a cabo unha campaña de concienciación sobre a reciclaxe das máscaras.

O alumnado de 4º ESO TIC preparou esta presentación online que nos amosa os problemas medioambientais xerados polo uso das máscaras e como nós podemos axudar a reducir o seu impacto.

Animamos a toda a comunidade educativa a participar.

 

Recicla_mascaras

INICIO DE CURSO 2021/2022

INICIO DAS CLASES PARA TODO O ALUMNADO

MÉRCORES, 15  DE SETEMBRO

EN HORARIO ORDINARIO DE 08.20 H A 13.45 H

Haberá servizo de transporte escolar

TÍTULOS ESO

 Xa están no centro os Títulos da promoción do 2019

(Se remataches neste ano ou en anos anteriores debes vir recoller o teu título)

Máis información na pestana Secretaría - Títulos da ESO e certificacións

MAIOS 2021

Neste mes de maio recuperando tradicións o alumnado do IES Monte Carrasco, en colaboración cos  Departamentos de Plástica e Música,  elaborou un maio e varias coplas de maios que interpretaron a arredor del.

 

 

 

LETRAS GALEGAS 2021

 

 

O IES Monte Carrasco resultou galardoado no III Concurso de Podcasts-Radio Biblio convocado o 17 de marzo de 2021 pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade co podcast “A poesía que alimenta”, dedicado á figura de Xela Arias, autora homenaxeada nas Letras Galegas 2021.

 

O centro participou neste concurso con tres podcast, en cuxa produción colaboraron os departamentos do EDLG, Biblioteca, Lingua Galega e Literatura e  Música. O proceso de elaboración dos podcast comezou co deseño colaborativo de tres escaletas ás que se lle foi engadindo contidos traballados polo alumnado do equipo de Radio Labirinto empregando os recursos da biblioteca do centro, desde a materia de Lingua Galega e Literatura e desde a materia de Música. As gravacións foron realizadas cun equipamento técnico básico situado na propia biblioteca do centro onde, excepcionalmente, este curso académico tamén está a aula de música. Os tres podcasts que presentamos pretenden salientar a importancia da figura de Xela Arias para a literatura galega e para o mundo do libro, a edición e a tradución, como unha poeta precursora e un referente de compromiso coa lingua galega. Aproveitando a circunstancia casual de ter sido profesora no noso centro, quixemos transmitir a responsabilidade ao alumnado de se implicar especialmente, facéndoo sentirse necesario para divulgar a súa figura. Podedes escoitalos no seguinte enlace: https://www.ivoox.com/podcast-o-carrasco-movese_sq_f1664251_1.html

 

 O audio gañador, “Xela Arias. Poesía que alimenta”, pretende ser un traballo máis artístico onde se pon en valor a poesía e o pracer da lectura xunto con información acerca da obra da autora e o seu significado. Contén dous poemas recitados polo alumnado e unha achega do profesorado a modo de pílula poética. Tamén música orixinal composta polo alumnado do centro.

Podedes escoitalo no seguinte enlace, xunto co resto de audios gañadores: http://www.diariocultural.gal/concurso-podcast-2021/

 

 

 

PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2021/2022

Publicada a listaxe definitiva de alumnado admitido para o curso 2021/2022.

Esta listaxe poderá consultarse:

- Presencialmente: Única e exclusivamente no taboleiro de anuncios situado no interior do edificio escolar.

- Telemáticamente: Única e exclusivamente a través da aplicación admisionalumnado  (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado) empregando a Chave365 ou certificado dixital.

Distribuir contido


Información do Centro

IES MONTE CARRASCO

Rúa Monte Carrasco, 20

36940 Cangas, Pontevedra

Teléfono de contacto:

886 110 160

Correo electrónico: 

 ies.montecarrasco.cangas@edu.xunta.gal

Horario lectivo:

Luns, Mércores e Venres:

8:20 a 13:45

Martes e Xoves

8:20 a 14:50

Como chegar:

42º 16' 32,7" N    8º 47' 38,4" W

by Dr. Radut