Presentación para os pais de 2º, 3º e 4º da ESO e PCPI

O vindeiro luns 1 de outubro, ás 20:00, terá lugar a presentación do curso para as nais e pais do alumnado de 2º, 3º e 4º da ESO e do PCPI. Coñeceredes aos titores dos vosos fillos e á nova dirección ao tempo que lembramos certos aspectos básicos do centro e presentamos as novidades. Tamén esperamos os vosos comentarios, dúbidas e suxestións.

Ás 19:00 terá lugar unha asamblea da ANPA á que estades convidados todos os pais e nais do centro.

Animádevos a participar.

Presentación do curso 2012-2013

O vindeiro luns 17 comeza o curso escolar en secundaria. Como se ben facendo nos últimos anos, os dous primeiros días serán de presentación:

  • O luns 17, de 10:00 a 13:00 será a presentación para o alumnado de 2º, 3º e 4º da ESO.
  • O martes 18, de 10:00 a 13:00 será a presentación para o alumnado de 1º da ESO, que poderán vir acompañados dos seus pais.

Os autobuses adaptaranse a este horario. Deberedes estar nas paradas media hora antes (9:30).

O mércores darán comezo as clases no horario habitual.

 

  • A presentación do PCPI será o xoves 20 ás 10:00. Ese día non contan con transporte escolar. Sería bo que os alumnos menores de idade veñan acompañados dos seus pais. As clases darán comezo o martes 25. Lembrade que xa está publicada a lista de admitidos e que o prazo de matrícula está aberto ata o día 18.

 

Recibide un cordial saúdo por parte de todo o persoal do centro e lembrade que estamos á vosa disposición para todo o que precisedes.

PCPI: solicitude de praza e matrícula.

Abreuse o prazo de solicitude de praza para o PCPI. O prazo abrangue dende o luns 3 de setembro ata o mércores 12 de setembro ás 13 h. Para a solicitude de praza precísase a seguinte documentación:

  • Impreso de solicitude debidamente cuberto. (Todos os interesados).
  • Fotocopia do documento de identidade. (Todos os interesados).
  • Comunicación da autorización  para a incorporación a un PCPI. (Só alumnado matriculado na ESO o curso pasado).
  • Certificado de recoñecemento do grao de minusvalidez e ditame técnico facultativo. (Só alumnado con discapacidade).

 

O venres 14 de setembro publicarase no centro a listaxe de admitidos no PCPI.

 

O prazo de matrícula será dende o mesmo venres 14 de setembro ata o martes 18 de setembro.

Letras galegas 2012

Powered by Drupal - Design by artinet