Skip to Content

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

.

 Logo

                                

CAMPIÓNS DO IES MONTE CARRASCO

O pasado 28 de abril, o alumno de 1º da ESO, Xabi Pena Malvido, obtivo a medalla de bronce, na categoría de Infantil, no campionato de España de Paracanoe celebrado en Sevilla. Amosamos con moito orgullo unha fotografía do noso medallista.

 

CAMPIONATO PROVINCIAL DE ORIENTACIÓN EN LIÑA 2024

O mércores 24 de abril un grupo de 38 estudantes do IES Monte Carrasco participaron no Campionato Provincial de Orientación en Liña celebrado no Parque de Castrelos de Vigo dentro do Programa de Deporte Escolar de Xogade. Participaron en catro categorías, infantil feminino (2011-2010), infantil masculino (2011-2010), cadete feminino (2009-2008) e cadete masculino (2009-2008).

A cada participante se lle entrega un mapa e unha tarxeta de control electrónica. O mapa ten unha serie de controis polos que deben pasar. É unha actividade que combina a capacidade intelectual coa capacidade física, deben ser capaces de atopar todas as balizas na orde establecida no menor tempo posible. O noso alumnado desfrutou da actividade e as alumnas do IES Monte Carrasco Swen Iriarte Martens e María Sahuquillo Gallego acadaron o segundo e o terceiro posto respectivamente na clasificación individual de infantil feminino e Sandra Piñeiro Piñeiro acadou o segundo posto na clasificación  de cadete feminino.

                 

Alumnado do IES Monte Carrasco que participou no Campionato

                 

Swen Iriarte Martens e María Sahuquillo Gallego

 

Sandra Piñeiro Piñeiro

TÍTULO DA ESO

Xa están no instituto os títulos do alumnado que rematou a ESO no curso académico 2021/2022. Se remataches neste ano ou en anos anteriores debes vir recoller o teu título.

(máis información na pestana secretaría)

 

FASE ZONAL DE ORIENTACIÓN DO PLAN “XOGADE” 2024

FASE ZONAL DE ORIENTACIÓN DO PLAN “XOGADE” 2024

Un ano mais o alumnado do noso centro participou na actividade Fase Zonal de Orientación, que se desenvolveu o pasado luns 18 de marzo na contorna do Parque Nelson Mandela, na parroquia de Navia.

Esta actividade está organizada polo Servizo de Deportes da Delegación Provincial de Pontevedra. A iniciativa está enmarcada dentro do Plan Proxecta: Proxectos de Vida Activa e Deportiva, na que o IES Monte carrasco participa a través do Plan “Movámonos”.

A orientación é un deporte no cal os competidores visitan un número de puntos marcados no terreo, no menor tempo posible, baseado na información que dá un mapa.

O alumnado do noso centro acadou as mellores marcas nas categorías de Infantil e Cadete e clasificáronse para o campionato provincial que terá lugar o vindeiro 24 de Abril no parque de Castrelos en Vigo.

                                   Orientacion Navia

A sociedade da neve

A sociedade da neve

A semana do 4 de marzo do 2024, parte do alumnado de 1º e 2º de ESO do noso centro desfrutaron da experiencia de aprender a esquiar e compartir tempo xuntos no marabilloso entorno natural da estación de San Isidro. Unha aventura que ningún de nós esquecerá.

Así cantaron as súas vivencias.

 

Nun día de inverno, o vento e a neve convidan,

alumnado do Carrasco, xente atrevida.

Ansiosos agardan, con valentía,

partir cara San Isidro, na mochila unha vida.

 

Nos Picos de Europa, a estación agarda,

Na brancura da neve, a alma está encantada;

Coas risas e os xogos, a montaña anegada,

o amor pola natureza impregna a alma.

 

Ladeira abaixo, esquís nos pés,

corazóns novos, tremendo de pracer

a beleza da montaña, que ben se ve!

 

San Isidro, nos teus camiños explorados,

o grupo unido, os afectos confirmados.

Entre terra e ceo, os soños realizados.

 

Netiquetas para participar nas redes do Monte Carrasco

Clica na imaxe para acceder ao contido.

PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN CURSO 2024/2025

SOLICITUDE DE RESERVA:

Quen debe facela: O alumnado de 4º ESO que vaia cursar o Bacharelato no  IES María Soliño e o alumnado de 6º de EP do CEIP Plurilingüe San Roque de Darbo que vaia cursar a ESO no IES Monte Carrasco.

Prazo: do 15 de xaneiro ao 5 de febreiro.

PUBLICADAS AS LISTAXES DEFINITIVAS DE RESERVA DE ALUMNADO 

Poden consultarse no taboleiro de anuncios do centro e en admisiónalumnado (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/)

Todo ao alumnado de 6º de EP do CEIP Plurilingüe de San Roque que fixo a reserva ten praza asignada para 1º de ESO no IES Monte Carrasco.

Todo o alumnado de 4º ESO do IES Monte Carrasco que fixo reserva de praza para 1º de Bacharelato no IES María Soliño está admitido na modalidade elixida.


 

SOLICITUDE DE ADMISIÓN:

Quen debe facela: O alumnado de centros de Educación Primaria non adscritos e doutros centros de Educación Secundaria.

Prazo: do 1 ao 20 de marzo.

(Máis información na pestaña secretaría)

 

NADAL 2023/2024

ENTREGA SOLIDARIA AO COMEDOR SOCIAL DE CANGAS

Distribuir contido


by Dr. Radut