Skip to Content

Eventos

« Xuño 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930

POLOS CREATIVOS

polos creativos

 

O IES Monte Carrasco quere compartir a satisfacción de que  se nos concedera o proxecto de innovación educativa, Polos Creativos, co proxecto titulado Das raíces ás estrelas.

 

No proxecto que presentou o centro e que ven de ser seleccionado, nunha posición número 11 dos 138 concedidos, formulamos un proxecto no que participarán de maneira interdisciplinaria as materias de bioloxía e xeoloxía, educación plástica visual e audiovisual, física e química, ciencias aplicadas,  lingua castelá, lingua galega, lingua inglesa, matemáticas, música, tecnoloxía e dixitalización, educación dixital e obradoiro de iniciativas emprendedoras.

O que se pretende é desenvolver os principios da economía circular a través da competencia dixital dentro do currículo da educación secundaria obrigatoria das materias participantes, fomentando tanto a cultura científico-tecnolóxica como unha visión humanística e artística. Partindo das boas prácticas do centro e da cultura da contorna, o proxecto fomentará o estudo e posta en práctica das técnicas agrícolas tradicionais da nosa contorna, técnicas agrícolas ecolóxicas e técnicas agrícolas de explotación. Ao tempo que difundimos prácticas que reducen a pegada da nosa acción sobre a contorna, estudando o funcionamento dunha composteira e a produción de diferentes téxtiles e fibras naturais e materiais reciclados. 

A comunidade escolar e as comunidades locais son parte esencial neste proxecto. As familias, en particular os avós e as avoas, traerán ao centro a súa sabedoría sobre agricultura tradicional e a elaboración de abonos a partir dos restos orgánicos. O centro difundirá e promoverá o uso das composteiras como método de redución de residuos orgánicos, entre as familias e as comunidades locais e asociacións da contorna. Cunha metodoloxía de aprendizaxe-servizo, o alumnado aprenderá ao mesmo tempo que devolve o coñecemento producido á comunidade, vencellando o currículo coa acción solidaria.

Con este proxecto de innovación, o centro quere darlle continuidade a moitos dos proxectos que xa viña desenvolvendo, dende unha perspectiva da filosofía da Lei Educativa que se está implantando, a LOMLOE, un aprendizaxe competencia, no Deseño Universal de Aprendizaxe e no aprendizaxe servizo, no contexto na Estratexia de Educación Dixital 2030.



Información do Centro

IES MONTE CARRASCO

Rúa Monte Carrasco, 20

36940 Cangas, Pontevedra

Teléfono de contacto:

886 110 160

Correo electrónico: 

 ies.montecarrasco.cangas@edu.xunta.gal

Horario lectivo:

Luns, Mércores e Venres:

8:20 a 13:45

Martes e Xoves

8:20 a 14:50

Como chegar:

42º 16' 32,7" N    8º 47' 38,4" W

story | by Dr. Radut