Skip to Content

Eventos

« Xuño 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930

CURTAS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O Centro de Información á Muller do Concello de Cangas, en colaboración coa empresa Andamiaxe presenta o proxecto de Curtas contra a violencia de xénero. Este proxecto quedara aprazado pola pandemia e agora retómase.

O proxecto consiste en que o alumnado, en grupo, elabore guións para a rodaxe dunha curta contra a violencia machista, en concreto, a violencia sexual. O guión gañador será gravado e compartido con todos os centros participantes.

O IES Monte Carrasco participou co alumnado de 1º ESO, apoiado polas profesoras de Lingua Galega, Lucía Docampo, e Lingua Castelá, Monserrat López.  Organizado en grupos, presentaron os seus guións ao concurso, e un grupo de 1º ESO A resultou gañador coa curta "Reto equivocado" 

As alumnas que formaban o grupo gañador son: 

- Elda Melón Rodríguez.

- Nadia Rial Prach.

- Erika Rodal Rodríguez.

Agora, durante 3 días o equipo gañador e o alumnado de 1º ESO A participará na rodaxe da curta.

Noraboa ao alumnado de 1º ESO e as profesoras participantes. 



Información do Centro

IES MONTE CARRASCO

Rúa Monte Carrasco, 20

36940 Cangas, Pontevedra

Teléfono de contacto:

886 110 160

Correo electrónico: 

 ies.montecarrasco.cangas@edu.xunta.gal

Horario lectivo:

Luns, Mércores e Venres:

8:20 a 13:45

Martes e Xoves

8:20 a 14:50

Como chegar:

42º 16' 32,7" N    8º 47' 38,4" W

story | by Dr. Radut