FacebookSíguenos en YouTube

Presentación 1º Ciclo Superior Desenvolvemento de Aplicacións Web en Modalidade Semipresencial a distancia

Comezo do curso o luns, 11 de setembro de 2023.

Presentación será o luns, 11 de setembro ás 8:45 de forma presencial ou en liña (a elexir polo alumnado):

A partir do luns, os contidos tratados na sesión de presentación estarán a disposición do alumnado no espazo de titoria na aplicación de formación a distancia (https://fpadistancia.edu.xunta.gal/loginA/index.php).

COMEZO DO CURSO 2023-2024

O vindeiro luns 11 de setembro comezarán as clases para todos os niveis no horario lectivo habitual:

- De 08:45 a 14:25 horas de luns a venres para todo o alumnado do Centro.

- De 16:30 a 18:10 horas o luns pola tarde para o alumnado de ESO, Bacharelato e FP Básica.

- De 15:40 a 18:10 horas o luns e o mércores pola tarde para o alumnado de Ciclo Medio e Ciclo Superior .

O servizo de transporte escolar funcionará co horario habitual.

ATENCIÓN AO PÚBLICO DURANTE O MES DE AGOSTO

O IES Maximino Romero de Lema permanecerá pechado entre os días 1 e 30 de agosto. Para realizar calquera trámite e/ou consulta poden contactar con nós a través do correo electrónico do Centro: ies.maximino.romero.delema@edu.xunta.es ou chamando ao teléfono: 881960015.

Moitas grazas.

AVISO AO PROFESORADO DO CADP CON DESTINO NO IES MAXIMINO ROMERO DE LEMA

Prégase ao profesorado que obteña destino na resolución definitiva do CADP se poña en contacto co Centro a través do correo electrónico ou chamando ao 881960015.

Moitas grazas.

HORARIO DO MES DE XULLO

HORARIO DE APERTURA DO CENTRO: dende as 9:00 e ata as 14:00 horas

HORARIO DE ATENCIÓN AO PÚBLICO: dende as 9:00 e ata as 13:00 horas.

OS DÍAS 10 E 26 DE XULLO O CENTRO PERMANECERÁ PECHADO POR FESTIVIDADE LOCAL.

ALEJO E RICARDO XUBÍLANSE

Pechamos este curso académico coa xubilación de Alejo e Ricardo, dous compañeiros e amigos que tras moitos anos dedicados ao ensino, comezan unha nova etapa na súa vida para gozar dunha máis que merecida xubilación.

Dúas persoas que representan mellor ca ninguén a nosa profesión. Dedicación, constancia, compromiso, esforzo...son algúns dos adxectivos que mellor os definen como profesionais e como persoas.

Botarémosvos moitos de menos e sempre estaremos aquí para o que necesitedes.

Moitas grazas e moita sorte!

Oferta formativa FP

MATRÍCULA ESO, BACHARELATO, FP BÁSICA, CICLO MEDIO E CICLO SUPERIOR

CURSO 2023-2024

Para evitar aglomeracións, pregamos que se respecte o seguinte calendario en horario de 09:00 a 13:30 horas:

  • 26 de xuño: 1º e 2º ESO
  • 27 de xuño: 3º e 4º ESO
  • 29 de xuño: 1º BACHARELATO
  • 30 de xuño: 2º BACHARELATO
  • 23 de xuño ao 5 de xullo ás 13:00 horas: 1º e 2º Ciclo Medio de Sistemas Microinformáticos e Redes, previa cita.
  • 23 de xuño ao 5 de xullo ás 13:00 horas: 1º Ciclo Superior Desenvolvemento de Aplicacións Web. Réxime semipresencial, previa cita.
  • 26 de xuño ao 6 de xullo ás 13:00 horas: FP Básica I e FP Básica II

Para facer a matrícula haberá que entregar a seguinte documentación, xunto co formulario da matrícula, na Administración do Centro:

  • Fotocopia do DNI do alumno/a e do pai/nai/titor-a legal
  • Fotocopia da tarxeta sanitaria
  • 2 fotos tamaño carné
  • Xustificante do pago do seguro escolar 1,12€ (alumnado de 1º e 2º ESO e alumnado maior de 28 anos exentos)
  • Impreso de autorizacións debidamente cuberto e asinado

Non se recollerá ningunha matrícula con documentación incompleta.

Achéganse, como documentos anexos, os impresos de matrícula, de transporte e de autorizacións. Poden ser descargados e cubertos.

Distribuir contido