FacebookSíguenos en YouTube

O Principiño, revisitado. Saída ao Numax do alumnado de Francés.

“O esencial é invisible aos ollos”, unha das ideas clave do Principiño, é xustamente un dos principais acertos da adaptación cinematográfica de Mark Osborne (Kung Fu Panda, Bob Esponxa) deste gran clásico: animar, recrear e facer visible o esencial da historia de Saint-Exupéry.
Outro gran mérito desta adaptación, gañadora dun premio César en 2016 ao mellor filme de animación, consiste en atualizar a narración e acercala ao público mozo, situándoa no mundo contemporáneo, a través da mirada dunha nena.

Os departamentos de Francés do IES Maximino Romero de Lema e do CPI As Revoltas (Cabana de Bergantiños), organizaron unha saída o pasado xoves, 10 de novembro, para asistir a esta proxección na sala Numax (Santiago de Compostela) en VOSG, á que asistiu o alumnado de 2º e 4º de ESO, e 1º e 2º de Bacharelato do noso centro.

Estas son algunhas das opinións recollidas entre o público:

“A película é de 10.” (Alicia)
“Gustoume moito porque mostraba escenas divertidas e sensibles.” (Martín)
“Me reí un montón. ¡Una película inolvidable!” (Paula)
“Fai unha crítica moi realista sobre a nosa sociedade: mostra que non só os números ou o poder económico son importantes.” (Noa)
“Un cando crece non se pode esquecer da súa infancia.... Emocioneime moito.” (Teresa)
“Es una historia preciosa de un niño sin familia que solo necesita un amigo, y lo encuentra en el Sáhara.” (Raúl)

Podedes ver as fotos da saída na seguinte galería.

AVISO CAMBIO DO TELEFONO DO INSTITUTO

O novo número de teléfono do instituto é 881 960 015.

NOF (Ano 2016)

Imaxe do NOF

Adxúntase o PDF das NOF do I.E.S. Maximino Romero de Lema do curso 2015/16

Enlace ó documento

CONCURSO PÚBLICO CAFETERÍA

CONCURSO PÚBLICO PARA A ADXUDICACIÓN DA CAFETERÍA DO IES MAXIMINO ROMERO DE LEMA ABERTO CON DATA 29 DE XUÑO DE 2016.

VER PDF ADXUNTO

Exames e información ó alumnado (Setembro 2016)

Calendario de exames de Setembro (prema na imaxe para ampliar):

Calendario exames setembro

Outra información (prema na imaxe para ampliar):

Información ó alumnado Setembro 2016

Contratación do servizo de xestión e explotación da cafetería

Información Adxúntase o documento coa instrución 4/2016 emitida pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para a contratación do servizo de xestión e explotación da cafetería en centros públicos non universitarios dependentes da Consellería.

Ver o documento coas bases

Distribuir contido