Extraescolares e complementarias

Excursión a Pontevedra

O 28 de abril o alumnado de 1º da ESO realizou unha saída Pontevedra co obxectivo de coñecer o seu casco antigo buscando nun plano diversos puntos de interese, visitar a Sala Arqueolóxica do Museo de Pontevedra, onde debían observar os restos das vitrinas e localizar os achádegos de Cangas e, por último, contemplar in situ o petroglifo de Mogor. Fixádevos nalgúns comentarios dos rapaces:

"A primeira actividade foi a que máis me gustou por que estivemos divididos en grupos, intentando encontrar oito puntos que estaban dispersos polo mapa, dentro do Casco Vello.."

"O que máis nos gustou foi cando nos deixaron sós cun plano. A experiencia gustóunos moito e apendemos a manexarnos cun mapa, e ademais visitamos o casco antigo de Pontevedra que nos encantou."

"Tamén visitamos o Museo de Pontevedra no que tiñamos que facer unha ficha didáctica, buscando obxectos polas vitrinas e recollendo información. Estivo entretido pero o malo foi que ao final da visita puxéronnos un video que foi moi aburrido..." 

Crónicas da represión lingüística

 A exposición segundo a opinión do alumnado:

"A exposición é un percorrido pola historia da represión legal e do desprestixio social do galego desde fins do século XVIII ata os nosos día. Aínda que, fundamentalmente, trata das décadas máis escuras da lingua no século XX, isto é, durante o réxime franquista. Está composta por algo menos de vinte paneis, ordenados cronoloxicamente, comenzando polo XVIII e XIX, pasando polos tempos da guerra civil e o franquismo para acabar na actualidade. Por tanto, consiste en amosar o despresixio e a censura que se lle fixo á nosa lingua. Durante a ditadura podemos observar a represión do noso idioma e as inxustizas que xurdiron coa xente que falaba e defendía o galego. Así, podemos atopar tamén a opinión de persoas que viviron nesa época, ou familiares, represaliados, exiliados, mestres... De verdade é realmente sorprendente como foi aquela época e como o contan esas persoas que o viviron, era moi inxusto que lles impuxesen eses castigos simplemente por falar galego."

"Gústoume moito que aparezan as palabras das persoas que sufriron nas súas propias carnes a represión, porque son as que mellor nolo poden narrar, xa que foi a súa experiencia. A min a situación da lingua interésame e na exposición aparecen distintas fontes de información, sobre todo, noticias e informacións curtas e os testemuños das persoas represaliadas." 

Excursión a Portugal

O 20 de abril alumnos/as de 1º e 2º da ESO que cursan portugués realizaron unha visita a Guimarâes e Braga acompañados dos seus profesores Chus Moreira e Pedro Pablo Riobó. O obxectivo fundamental era entrar en contacto coa lingua e cultura portuguesas. Vede algunhas das opinións dos participantes:

 

  • "A miña opiniâo sobre a viagem a Portugal é que foi muito interesante. Gostei moito do Castelo de Guimarâes e dos Parques das frores de Braga".
  • "Foi unha visita moi longa e interesante. Os portugueses foron moi amables con nós e ensináronnos todo o que tiñamos que saber. Foi moi reconfortante".
  • "A miña opinión é que foi bastante divertida. Déronnos tempo libre  e as guías foron moi amables. Tamén fomos a un Shopping Center e non había nada. O máis interesante foi o Castelo de Guimarâes".

 

Roteiro a Varalonga

O pasado 20 de abril alumnado de 1º da ESO fixo un roteiro desde o centro ata Varalonga para traballar a observación da flora autóctona e a transformación da paixase natural levada a cabo pola actuación do ser humano. Fíxose uso do material publicado pola Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Darbo. Comprobade o interesante da experiencia segundo as opinións de algúns participantes:

  • "Gustoume moito esta excursión. Aprendín a diferenciar árbores, a ver pegadas, onde vai o lixo...". (Antonio Martínez).
  • "A excursión foi entretida: vimos moitas árbores, matogueiras, etc... Observamos un ecosistema destrozado por escombros ilegais. Estivemos tamén identificando árbores e arbustos". (Pablo Bastón).
  • "Esta excursión foi positiva porque aprendín a identificar as árbores e coñecer o medio natural que nos rodea". (Mónica Soto).
  • "A visita foi interesante porque desta forma aprendín os nomes das árbores e a distinguir unhas das outras... A parte de facer exercicio!". (Raquel González).

Taller afectivo-sexual "Quérote"

O 14 de abril tivo lugar o Taller afectivo-sexual impartido por monitores do centro "Querote" de Vigo a alumnos/as de 3º da ESO.

Velaí algunhas opinións:

 

  • "Foi bastante entretido e paréceme que tranquiliza á xente xa que dá moitas opcións de axuda e información. Estaría ben que se fixese máis a miúdo ".
  • "Foi bastante útil, pois explicou cousas moi importantes para reducir o risco de embarazos e outrosderivados de enfermidades como o SIDA".
  •  "A charla pareceume interesante e debería repetirse nos anos seguintes: foit moi curta e debería durar máis".
  • "Foi un taller moi útil e, a verdade, tamén moi positivo para a miña educación e para tentar resolver algunhas das nosas dúbidas".

 

Programa Comenius en Konya

Do 3 ao 7 de febreiro as profesoras do centro Rosa Cabada e Isabel Armesto desprazáronse a cidade turca de Konya para participar nunha visita preparatoria do Programa Comenius. Foron días de traballo, intercambio cultural e convivencia co profesorado da Enderun Secondary School de Konya e nos que as dúas profesoras tiveron a oportunidade de coñecer directamente o funcionamento das institucións e dos centros educativos. Realizaron tamén visitas para achegarse ao seu patrimonio cultural (etnografía, arqueoloxía, gastronomía, etc). Resaltaron, sobre todo, a hospitalidade e o interese pola comunicacion e relacións humanas.

Visita a Sotavento

 

Sotavento é unha empresa situada na Serra da Loba entre as provincias de Lugo e A Coruña, concretamente entre os concellos de Monfero e Xermade. Aquí está o parque eólico experimental de Sotavento, composto por 24 muíños tripala brancos, grises e azuis; as cores da pintura teñen a finalidade de fundilos coas distintas tonalidades do ceo. Neste parque trabállase con diversas empresas para despois comparar os resultados e saber cal é a máis eficiente.

Teñen tamén outros experimentos activos, como por exemplo unha casa bioclimática. Esta é única en España. En que consiste? Pois nunha casa ecolóxica con instalacións solares propias, sistemas de calefacción ecolóxicos e electrodomésticos de clase A. Esta vivenda está controlada polo sistema coñecido como “domótica”, isto é o control de todos os aparellos da casa a través dun PDA. Deste xeito pódense automatizar todos os mecanismos da casa conseguindo así o ambiente desexado. Esta casa tamén está orientada cara ao sur aproveitando a calor e a luz do sol.

Na excursión pasámolo ben, concienciáronnos para que pouco a pouco vaiamos facendo das nosas casas unhas vivendas máis ecolóxicas, pois é escandalosa a cantidade de millóns anuais que se gastan en electricidade. Aprendemos moito acerca de todas as enerxías renovables (solar, xeotérmica, biomasa...)

Por último fixemos un xogo parecido á oca con preguntas sobre todo o que aprendemos e disfrutamos tamén dun bo chocolate solar quente.

Rodrigo Graña

Exposición do Bacharelato de Artes

O venres 10 de abril inaugurouse no Auditorio a IX exposición de traballos do alumndo de bacharelato de artes. Unha exposición colectiva onde 26 alumnos/as, con estilos ben diferenciados, amosa o seu saber e creatividade. Imaxes.

Visita a Citroên e Museo do Mar

O 24 de febreiro o alumnado de 4º da ESO visitou  de mañá as instalacións de Citroên en Vigo. Acompañados dun guía observaron o proceso de fabricación e montaxe de automóbiles, profundizando nos coñecementos adquiridos na materia de Tecnoloxía nos bloques temáticos de robótica. Relacionouse ademais esta situación co que supuxo a Revolución Industrial (CC. Sociais) e o tecido industrial do seu entorno.

De tarde completouse a actividade coa visita ao Museo do Mar que consistíu na visita as instalacións do mesmo así como á charla-exposición "Darwin navegando na Beagle".

Entroido

Un ano máis celebramos no centro o Entroido o 12 de febreiro, que coincidiu co reparto de caraveis do San Valentín. Comezou a xornada co conxunto de percusión de 1º de bacharelato que percorreu o centro invitando a profesorado e alumnado a participar en diversas actividades: karaoke, movetechou, desfile e concurso de disfraces e comparsas, baile amenizado polo grupo de gaiteiros e gaiteiras. Cunha alta participacióngozamos dunha actividade de moita incidencias nas localidades de procedencia dos nosos alumnos/as.

Na nosa festa tamén tomaron parte  alumnos/as e monitores do Juan XXIII.

Distribuir contido