Extraescolares e complementarias

Galeguización de froiterías

Galeguización de froiterías

 

O venres 18 de xuño rematou o Programa de Galeguización de froiterías. Esta actividade programada polo Departamento de Normalización e Dinamización Lingüística do I.E.S. María Soliño culminou coa colocación das etiquetas das froitas cos seus nomes en galego, castelán, portugués e inglés. A froiteira Lourdes, con posto no Mercado de Abastos de Cangas, foi a entidade comercial que colaborou neste programa.

Representación teatral

O 11 de xuño recibimos a visita dun grupo de alumnos/as do centro Juan XXIII. Representaron "Versos de viento", obra teatral que forma parte do proxecto "Únete ao teatro". Alumnado e profesorado asistente ao evento, que tivo lugar no Salón de actos, gozou da súa alegría e traballo, invitando a todos a participar e ao mesmo tempo a reflexionar sobre o mundo das persoas con discapacidade intelectual, mundo no que detalles tan pequenos como este axudan a comunidade escolar a facelos máis visibles.

Un forte aplauso ao seu traballo coa esperanza de poder repetir actos semellantes!

Certame Poesía María Soliño

O martes 1 de xuño, na hora do recreo, coa aterraxe de avións de papel coas bases do certame, co despregue de pancartas anunciadoras e co son de tambores e pandeiretas, deuse a saída da convocatoria no noso centro do 26 CERTAME DE POESÍA MARÍA SOLIÑO.

Teatro e aula

Os alumnos e alumnas de 4º A e B representamos sete sketches nunha das nosas aulas, dirixidos aos nosos compañeiros/as e tamén a algúns profesores e profesoras invitados. O ámbito da actuación foi reducido xa que se trataba do colofón a un traballo levado a cabo na materia de Lingua Castelá dirixido por Maite Hernández durante gran parte do segundo trimestre. O xénero que estudamos foi o teatro e, tras informarnos sobre a creación e evolución do teatro ao longo da historia, cheounos a hora da práctica, realizando unha actividade de teatro de aula na que se nos encargou representar un tipo de teatro moi de moda: o sketch. Baixo a batuta de Maite fixemos o reparto de papeis: como nunha grande compañía non podía faltar un director, e o noso grupo (4º A) esolleu unha directora, Lorena, que dirixiu catro sketches. O mesmo fixo 4º B coa elección de Patricia que se encargou doutros tres.

Todas as obras representadas tiñan en común o autor, Roberto García Encinar, e non ter máis pretensión que a de facer rir ao público sobre situacións relativas á lingua e literatura españolas: dende unha conversación entre letras ou signos de puntuación ata unha parodia de Blancaneves ou Miguel de Cervantes.

Despopis de semanas de ensaio e acadado un sinxelo vestiario, chegou o momento da representación. Aínda que pensabamos que estaba todo controlado, apareceron os nervos nos momentos previos. Era algo novo para moitos, mais todo saíu ben, como desexabamos. O éxito sentímolo con cada sorriso do público e coa satisfacción pola se3nsación das cousas ben feitas.

Proxecto Terra

O 25 e 26 de Maio o alumnado de 2º ESO participou no PROXECTO TERRA (INTERCAMBIO   TERRITORIAL DE MELGAÇO). Para desenvolver a actividade tiveron que desprazarse a Portugal. No primeiro día na Porta da Lama de Mouro asistiron a unha visita guiada onde observaron a Exposición “ Ordenación do Territorio” e viron un proxección sobre o Parque Natural de Peneda Gerés.  Xa pola tarde, debido o mal tempo non puideron facer o percurso pedestre programado” Castelo e muiños” e  fixeron un tour en autobús no que visitaron unha ponte románica, observaron as brandas e inverneiras e remataron  no santuario da Virxe da Peneda.
O aloxamento foi na Pousada da Juventude (Melgaço) onde, antes de cear, fixeron distintas actividades deportivas.
No segundo día, un percorrido pola vila de Melgaço e os seus museos: Ruínas arqueolóxicas da Praza da República, Torre de Homenaxe, Museo do Cine e o Espaço Memoria e Fronteira. A volta a pé a Pousada para comer foi pasada por auga que nos acompañou en todo o percorrido.
Remataron a actividade relaxándose nas termas de Monçao.
Actividade moi interesante a ter en conta cara a programación de vindeiros cursos.
 

Saída á Lanzada

O 18 de maio alumnado de 4º da ESO e de 1º de bacharelato participaron na VI edición "Creación e convivencia na praia da Lanzada". A actividade consistiu en traballar o volumen coa area. Por equipos tiveron que realizar esculturas na area desenvolvendo unha maqueta feita previamente na aula baixo o lema "comida sá".

Oss profesores acompañantes, Carlos e Joseba, valoraron moi positivamente esta actividade, que esperan volver repetir anos vindeiros.

Saída ao Salnés

O xoves 13 de maio o alumnado do PCPI e 3º e 4º da ESO de diversificación realizaron no Salnés unha visita guiada, moi interesante, ao Instituto Galego de Formación en Acuicultura, onde observaron as salas de acuicultura e mergullo. Visitaron de seguido o casco antigo de Cambados con parada especial nas ruinas de Santa Mariña e no Museo do Viño. Despois do xantar en Caldas fixeron unha ruta de sendeirismo no entorno do río Umia.

O profesorado acompañante recomenda realizar esta actividade en vindeiros cursos. Alumnos/as participantes expresaron a súa opinión:

"Foi unha excursión moi entretida: visitamos moitos sitios, as fervenzas do río Umia, o Instituto de acuicultura, onde nos dixeron que lebraramos unha frase – Oxalá a acuicultura non existise –, xa que significaría que non existe sobreexplotación mariña".

"Esta excursión servíunos para saber cousas sobre o Mar no IES de Arousa, visita bastante entretida. Quizais o que máis defraudou foi o Museo do Viño, pero en xeral foi xenial, sobre todo, a ruta de sendeirismo en Caldas de Reis".

"Gustoume moito porque foi moi educativa. Aprendemos cousas de acuicultura que ata agora descoñeciamos. Ademais houbo moi bo rollo entre os compañeiros".

Letras Galegas 2010

Co gallo da celebración do día das Letras Galegas 2010, dedicado a Uxío Novoneyra, estanse celebrando durante os últimos días diversas actividades que abranguen diferentes aspectos da nosa cultura:

  • Exposición de libros na Ágora destinados a todas as idades e sobre temas variados, publicados en diversas editoriais.
  • Charla-coloquio a cargo do deportista Tito Otero sobre "A ironman como proba definitiva".
  • Conferencia de Xosé Vázquez Pintor sobre "A vida e obra de Uxío Novoneyra".
  • Alumnado da ESO e 1º de bacharelato asistíu á proxección de curtometraxes galegas.
  • Novoneyra en 3D: descubrir un verso de Novoneyra agochado entre 10 estereogramas.
  • Competición de cachiza con máis de 50 participantes inscritos entre alumnos/as e profesores/as, a nivel individual e colectivo. O premio consistirá en aparellos do xogo (pateiro, cachiza).

 

Xornadas interculturais

Un ano máis o IES María Soliño súmase ás Xornadas Interculturais organizadas polo Concello de Cangas e coa colaboración de Organizacións Non Gubernamentais. Con tal motivo o alumnado de 3º da ESO participou na actividade Cine Forum "Binta a gran idea" (Educación sen fronteiras). Os de 2º participaron no Teatro Forum (Asemblea de Cooperación pola Paz) e os de 1º da ESO "Norte e Sur: o cambio está aquí" (Intermon Oxfan) .

Tamén na Ágora puidemos observar tres exposicións

  • Muller e África (Axuda en Acción)
  • Acércate al Sur (Entre Culturas)
  • O camiño que andamos xuntas: A muller noChinchaysuyo"

Algún comentarios:

"A min o taller de teatro pareceume educativo...xa que mostra como hai que reaccionar nunha situación ou circunstancia de discriminación ou abuso. O malo foi que durou pouco tempo e só houbo dúas interpretacións e non puideron actuar todos ".

"A min pareceume bastante interesante. Trataba do racismo e da influencia racista. Enseñáronos a resolver problemas racistas e outros problemas falando, sen pelexar, só falando e razonando entre todos, xa que é a mellor maneira..."

Distribuir contido