2009-10, Extraescolares e complementarias, Informacións diversas, Propostas por niveis

Informacións publicadas na páxina principal

08/07/10:  Pódense consultar as cualificacións da avaliación ordinaria de xuño no sistema de información ás familias


08/07/10: Advertido un erro nos impresos de matrícula para 1º curso de Bacharelato facilitados ao alumnado: entre as materias optativas debe incluírse Antropoloxía. Pódese engadir directamente a materia se se desexa escoller, recoller os impresos correctos no instituto ou ben imprimilos: [1º Bac de Artes]  [1º Bac de Humanidades e Ciencias Sociais]  [1º Bac de Ciencias e Tecnoloxía]


29/06/10:  XXVI Certame de Poesía María Soliño: podes ver a acta do xurado cos premios outorgados


28/06/10: Estamos traballando para incluír as cualificacións da avaliación ordinaria no sistema de información ás familias. Sentimos o retraso: avisarase tan pronto como sexa posible.


28/06/10:O venres, 18 de xuño, ás 12 horas, tivo lugar a presentación do libro Polos camiños de Cangas. 25 anos do Certame de Poesía María Soliño, que edita Rinoceronte con motivo desa conmemoración. Participaron nun recital poético integrantes dos xurados e premiados/as ao longo destas 25 edicións. Ler máis...   Notas de prensa [1] [2] [3Imaxes


23/06/10: Actividades para o día 23 de xuño:

  • Haberá clases normais ata as 11.00 horas
  • As 11.30 no salon de actos:
    • actividades musicais 
    • entrega de premios do 26 Certame de Poesía María Soliño.
    • entrega da recaudación da campaña solidaria coa ONG "Sanga"
  • 13.15: remate de actividades e saída dos autobuses

21/06/10:  O luns 21 terá lugar un recital poético en homenaxe a Xela Arias e a Ramiro Fonte, que no seu momento participaron como integrantes de xurados do Certame de poesía.


21/06/10: Estamos a realizar unha campaña solidaria para recadar fondos de axuda á Escola María Soliña de Orissa (India). Véndense rifas, lávanse coches, degústanse doces de elaboración caseira, hai tómbola, mercado..., entre outras actividades nas que participa alumnado, profesorado, persoal non docente e familias. Agradecemos a solidariedade do comercio de Cangas que achegou unha grande cantidade de artigos.


19/06/10: Probas de Acceso á Universidade: o autobús para os exames sairá os días 16, 17 e 18 de xuño, ás 7,30 horas da Estación de autobuses de Cangas


16/06/10:  O martes, 15 de xuño, ás 21 horas, no Auditorio Municipal de Cangas o  Obradoiro de Teatro María Soliño porá en escena a obra "Déixame en paz".


15/06/10: A Comunidade Escolar do IES María Soliño felicita a BERNARDINO GRAÑA polo seu ingreso na Real Academia Galega. A lectura do discurso tivo lugar no Auditorio Municipal, o sábado 12 de xuño, e foi respondido polo académico Ramón Lorenzo, catedrático da Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago. Notas de prensa [1] [2] [3]


15/06/10: O martes 1 de xuño, na hora do recreo, coa aterraxe de avións coas bases do certame, co despregue de pancartas anunciadoras e co son de tambores e pandeiretas, deuse o chupinazo de convocatoria no noso centro do 26 CERTAME DE POESÍA MARÍA SOLIÑO. Podes ver as bases.


14/06/10: Estamos a realizar unha campaña solidaria para recadar fondos de axuda á Escola María Soliña de Orissa (India). Véndense rifas, lávanse coches, degústanse doces de elaboración caseira, hai tómbola, mercado..., entre outras actividades nas que participa alumnado, profesorado, persoal non docente e familias. Agradecemos a solidariedade do comercio de Cangas que achegou unha grande cantidade de artigos.


12/06/10: O venres 5, ás 19 horas, realizouse no Salón de Actos do instituto un acto de despedida do alumnado de 2º de Bacharelato, coa entrega dun diploma acreditativo.


8/06/10: Está en funcionamento o sistema de información ás familias sobre o alumnado desde a páxina web. Para utilizar o servizo os pais ou nais interesados deben solicitar un nome de usuario e contrasinal na secretaría do centro. Pódese ver o sistema de funcionamento.   Acceso á aplicación


2/06/10: Entrega de notas de 2º de Bacharelato: realizarase o 27 de maio, ás 11: horas. O alumnado aprobado debe recoller nese mesmo momento a documentación para a matrícula da PAU.


25/05/10: Exames de materias pendentes de cursos anteriores: esta semana comeza a última parte dos exames. Podes ver o calendario.


21/05/10:O grupo de teatro do instituto participa na Mostra de Teatro do Ensino Secundario do Morrazo, que este ano se celebra no IES Johan Carballeira. Nota de prensa.


29/04/2010:O martes 27 realizouse un simulacro de emerxencia no centro. Este exercicio está previsto no Plan de Autoprotección do instituto e realízase todos os cursos escolares. Pódense ver os documentos relacionados e imaxes do exercicio.


28/04/10:  Nos próximos días celebrarase un simulacro de emerxencia no centro. Este exercicio está previsto no Plan de Autoprotección do instituto e realízase todos os cursos escolares. Pódense ver os documentos relacionados.


28/04/10: Comunicación de faltas de asistencia: unha vez solucionado o problema informático que o impedía, reanudouse o servizo de comunicación de faltas de asistencia do alumnado, mediante mensaxes a móbiles e con indicación das horas de ausencia. 


27/04/10: Entre o 9 e o 25 de abril estarán expostos os traballos da mostra colectiva do alumnado do Bacharelato de Artes na Sala de Exposicións do Auditorio Municipal de Cangas. Estará aberta de martes a sábado, entre as 18,30 e as 21 horas. Podes ver a nota de prensa sobre a inauguración e máis información no blog do grupo.


23/04/10: Comunicación de faltas de asistencia mediante mensaxes a móbiles: reanúdase provisionalmente o servizo, de momento comunicando tan só que existiu falta de asistencia, sen indicar o número de ausencias. Agardamos poder volver rapidamente ao sistema anterior. 


20/04/10: Un problema informático impide o envio correcto de mensaxes sms ás familias, polo que queda temporalmente suspendida a comunicación diaria de faltas. Estamos traballando para solucionar o problema coa maior brevidade posible.


16/04/10:  Esta semana pódese ver na ágora a exposición Crónicas da represión lingüística que o Concello de Cangas oferta aos centros educativos da localidade.


16/04/10: O xoves, 15, visitaramos o profesor de Estatística e Investigación Operativa da Universidade de Vigo José Vicente Novegil Souto, que dirixirá unha sesión formativa sobre Innovación educativa con TIC, dentro das actividades dos grupos de traballo. Podes ver os blogs dos seus traballos e afeccións: [1]  [2]  [3]  [4


13/04/10: O xoves 8 o alumnado de Tecnoloxía de 3º e 4º de ESO visitou o parte eólico de Sotavento. Podes ler unha crónica da visita.


07/04/10: Está en funcionamento o sistema de información ás familias sobre o alumnado desde a páxina web. Para utilizar o servizo os pais ou nais interesados deben solicitar un nome de usuario e contrasinal na secretaría do centro. Pódese ver o sistema de funcionamento.   Acceso á aplicaciónO xoves, 25, a partir das 10 horas pódense consultar a notas da 2ª avaliación.


25/03/10: Desde o xoves, 4, e ata o mércores, 10, o noso centro acolleu ao alumnado e profesorado do Liceo Classico "Giacomo Zanella" de Schio, Vicenza, Italia, que participou nun intercambio lingüístico con alumnado de Bacharelato do noso centro. Podes ver a nota de prensa.


25/03/10: A Biblioteca organiza un conxunto de actividades centradas na figura do Rei Artur e a súa presenza nas literaturas europeas. Podes participar na Olimpiada Artúrica que se está celebrando.


25/03/10: Un grupo de alumnos de 2º de Bacharelato participaron o venres 26 de febreiro, en Santiago nunha "masterclass" europea de física de partículas, organizada pola Facultade de Física da universidade compostelá, en colaboración co CERN de Suíza. Realizouse unha conexión por vídeoconferencia, ademais de co centro suízo, con Madrid e outras cidades de Brasil, Portugal, Alemania, Polonia e Inglaterra. 

4/03/10: Alumnado de Bacharelato participa nun intercambio lingüístico co Liceo Classico "Giacomo Zanella" de Schio, Vicenza, Italia. Entre o 17 e o 24 de febreiro o noso alumnado visita o centro italiano. No próximo mes terá lugar a visita a Cangas do alumnado de Schio.


2/03/10:  Alumnado de 4º de ESO e Bacharelato participou nunha viaxe de estudos a París entre o mércores 17 e domingo 21 de febreiro. Podes ver imaxes da visita.


2/03/10:  Dúas profesoras do instituto participaron nunha reunión preparatoria para o establecemento dun Programa Comenius, no centro Enderun Secondary High School de Konya (Anatolia, Turquía). No proxecto de traballo, ademais deste centro e o noso, pretenden integrarse outros institutos de Alemania, Italia e Rumanía. Podes ver imaxes do encontro.


23/02/10: Comezaron as actividades dos grupos de traballo constituídos no centro para facilitar a introdución das TIC no proceso de ensino. O martes, 2 de febreiro, impartiu unha conferencia do profesor da Universidade de Vigo, Pedro Cuesta que falará sobre a Web 2.0 e a súa repercusión e aplicación no ensino. Podes ver os materiais e enlaces facilitados polo profesor na conferencia e unha nota de prensa sobre o uso das TIC no centro.


23/02/10: Alumnado do Bacharelato de Humanidades do centro participa o 10 de febreiro na fase de desempate do Concurso Odisea 2010, organizado pola Sociedade Española de Estudos Clásicos. A proba terá lugar no IES Manuel García Barros da Estrada.


8/02/10: Estanse celebrando unhas xornadas sobre resolución de conflitos nas aulas, organizadas polo Departamento de Orientación en colaboración cos departamentos doutros centros de Cangas.


8/02/10:Alumnado de 3º de ESO participa no Programa Translatio organizado pola Dirección Xeral de Xuventude da Consellería de Traballo e Benestar Social. Podes ver a noticia na prensa.


8/02/10: Alumnado de Bacharelato e do Ciclo Formativo participa na Semana Branca en Andorra.


4/02/10: Alumnado de 3º de ESO participa no Programa Translatio organizado pola Dirección Xeral de Xuventude da Consellería de Traballo e Benestar Social. Podes ver a noticia na prensa.


4/02/10: Alumnado de Bacharelato e do Ciclo Formativo participa na Semana Branca en Andorra.


26/01/10: Na ágora do centro pode verse, desde o 18 e ata o 25 de xaneiro a exposición Os mundos de Carlos Casares, cedida pola Fundación que leva o seu nome. Carlos Casares foi profesor deste instituto desde o ano 1974 ata principios da década seguinte.


26/01/10: Celebrouse o III Concurso de Microrrelatos, organizado pola Biblioteca do centro: podes ver a relación de gañadores e os textos premiados.


26/01/10: No mes de xaneiro realízase a primeira parte dos exames de materias pendentes de cursos anteriores. Podes ver o calendario. MODIFICACIÓN: Debido á folga convocada para o día 21 as probas de pendentes previstas para ese día celebraranse o día 20 co horario que se indica.


13/01/10:  O dia 8 de xaneiro celébrase o Día do Ensino, coa consideración día non lectivo, segundo se publica no calendario escolar para o curso 2009-10, aprobado pola Consellería de Educación. Polo tanto as clases reanudaranse o luns, día 11 de xaneiro.


04/01/10:  A alumna do Bacharelato de Artes Alba Currás gaña un premio no certame de carteis sobre os dereitos das persoas consumidoras, convocado polo Instituto Galego de Consumo e a Consellería de Educación.


19/12/09: Alumnos do noso centro forman parte do xurado do I Premio de Ensaio Bento Spinoza, convocado polo IES Rosalia de Castro de Santiago. O xurado, composto por alumnado de cinco institutos de Galicia reuniuse o luns, día 30 de novembro, para emitir o seu ditame; resultou gañadora a obra Mal de escola de Daniel Pennac. Podes ver a nota de prensa  e imaxes do acto.


11/12/09: Plan Lector: Desde o pasado venres, 16 de outubro, está en marcha a Hora de Ler, dentro do Plan Lector do centro. Con tal motivo se lles fixo entrega aos delegados/as do 1º ciclo da ESO dun lote de libros para fornecer á Biblioteca de Aula e así poder desenvolver esta actividade. O evento estivo acompañado por un grupo de música tradicional.


01/12/09: Alumnos do noso centro forman parte do xurado do I Premio de Ensaio Bento Spinoza, convocado polo IES Rosalia de Castro de Santiago. O xurado, composto por alumnado de cinco institutos de Galicia reunirase o luns, día 30 de novembro, para emitir o seu ditame.


27/11/09:O blog do Bacharelato de Artes, creado polo profesor Joseba García Plazuelo, participa na convocatoria de premios á innovación educativa 2009.


3/11/09: O Consello Escolar, de acordo co establecido no calendario escolar, decidiu solicitar como día non lectivo para este curso o 2 de novembro; polo tanto o vindeiro luns 2 de novembro non haberá clase.


29/10/09: Plan de mellora de bibliotecas escolares: o proxecto presentado polo noso centro foi seleccionado para incorporarse ao proxecto este curso.


26/10/09: O mércores celebrouse, como en todos os centros de Galicia, a Avaliación de Diagnóstico. Podes ver a nota enviada ás familias do alumnado que realizará a proba e máis información no portal da Consellería de Educación.


13/10/09: Pódese consultar a lista de Xefaturas de Departamento, titorías coas horas de visita, o horario e profesorado dos distintos grupos e o calendario de avaliacións e exames de materias pondentes.


7/10/09: O curso 2009-10 teremos seccións biblingües de inglés en Tecnoloxía de 3º de ESO e Informática de 4º de ESO. Pódese ver a relación de centros autorizados.


7/10/09: Relación de libros de texto para o curso 2009-10.


27/09/09:O luns, día 21, comezan as clases para todos os grupos do Instituto excepto para 1º de Ciclo Formativo, co horario habitual: luns e mércores de 8,30 a 15 horas e martes, xoves e venres, de 8,30 a 14 horas.


20/09/09: O venres, 18, ás 10 horas, terá lugar a presentación de todo o alumnado de Educación Secundaria Obrigatoria e do Bacharelato. Os autobuses saírán dos puntos de orixe de cada liña aproximadamente 45 minutos antes.


20/09/09: O xoves, 17 terá lugar a presentación do Programa de Cualificación Profesional Inicial, ás 10 horas.


Nota: as datas indican o momento en que a nova foi retirada da páxina principal


Galeguización de froiterías

 

O venres 18 de xuño rematou o Programa de Galeguización de froiterías. Esta actividade programada polo Departamento de Normalización e Dinamización Lingüística do I.E.S. María Soliño culminou coa colocación das etiquetas das froitas cos seus nomes en galego, castelán, portugués e inglés. A froiteira Lourdes, con posto no Mercado de Abastos de Cangas, foi a entidade comercial que colaborou neste programa.

Galeguización de froiterías

Representación teatral

O 11 de xuño recibimos a visita dun grupo de alumnos/as do centro Juan XXIII. Representaron "Versos de viento", obra teatral que forma parte do proxecto "Únete ao teatro". Alumnado e profesorado asistente ao evento, que tivo lugar no Salón de actos, gozou da súa alegría e traballo, invitando a todos a participar e ao mesmo tempo a reflexionar sobre o mundo das persoas con discapacidade intelectual, mundo no que detalles tan pequenos como este axudan a comunidade escolar a facelos máis visibles.

Un forte aplauso ao seu traballo coa esperanza de poder repetir actos semellantes!

Certame Poesía María Soliño

O martes 1 de xuño, na hora do recreo, coa aterraxe de avións de papel coas bases do certame, co despregue de pancartas anunciadoras e co son de tambores e pandeiretas, deuse a saída da convocatoria no noso centro do 26 CERTAME DE POESÍA MARÍA SOLIÑO.

Teatro e aula

Os alumnos e alumnas de 4º A e B representamos sete sketches nunha das nosas aulas, dirixidos aos nosos compañeiros/as e tamén a algúns profesores e profesoras invitados. O ámbito da actuación foi reducido xa que se trataba do colofón a un traballo levado a cabo na materia de Lingua Castelá dirixido por Maite Hernández durante gran parte do segundo trimestre. O xénero que estudamos foi o teatro e, tras informarnos sobre a creación e evolución do teatro ao longo da historia, cheounos a hora da práctica, realizando unha actividade de teatro de aula na que se nos encargou representar un tipo de teatro moi de moda: o sketch. Baixo a batuta de Maite fixemos o reparto de papeis: como nunha grande compañía non podía faltar un director, e o noso grupo (4º A) esolleu unha directora, Lorena, que dirixiu catro sketches. O mesmo fixo 4º B coa elección de Patricia que se encargou doutros tres.

Todas as obras representadas tiñan en común o autor, Roberto García Encinar, e non ter máis pretensión que a de facer rir ao público sobre situacións relativas á lingua e literatura españolas: dende unha conversación entre letras ou signos de puntuación ata unha parodia de Blancaneves ou Miguel de Cervantes.

Despopis de semanas de ensaio e acadado un sinxelo vestiario, chegou o momento da representación. Aínda que pensabamos que estaba todo controlado, apareceron os nervos nos momentos previos. Era algo novo para moitos, mais todo saíu ben, como desexabamos. O éxito sentímolo con cada sorriso do público e coa satisfacción pola se3nsación das cousas ben feitas.

Proxecto Terra

O 25 e 26 de Maio o alumnado de 2º ESO participou no PROXECTO TERRA (INTERCAMBIO   TERRITORIAL DE MELGAÇO). Para desenvolver a actividade tiveron que desprazarse a Portugal. No primeiro día na Porta da Lama de Mouro asistiron a unha visita guiada onde observaron a Exposición “ Ordenación do Territorio” e viron un proxección sobre o Parque Natural de Peneda Gerés.  Xa pola tarde, debido o mal tempo non puideron facer o percurso pedestre programado” Castelo e muiños” e  fixeron un tour en autobús no que visitaron unha ponte románica, observaron as brandas e inverneiras e remataron  no santuario da Virxe da Peneda.
O aloxamento foi na Pousada da Juventude (Melgaço) onde, antes de cear, fixeron distintas actividades deportivas.
No segundo día, un percorrido pola vila de Melgaço e os seus museos: Ruínas arqueolóxicas da Praza da República, Torre de Homenaxe, Museo do Cine e o Espaço Memoria e Fronteira. A volta a pé a Pousada para comer foi pasada por auga que nos acompañou en todo o percorrido.
Remataron a actividade relaxándose nas termas de Monçao.
Actividade moi interesante a ter en conta cara a programación de vindeiros cursos.
 

Saída á Lanzada

O 18 de maio alumnado de 4º da ESO e de 1º de bacharelato participaron na VI edición "Creación e convivencia na praia da Lanzada". A actividade consistiu en traballar o volumen coa area. Por equipos tiveron que realizar esculturas na area desenvolvendo unha maqueta feita previamente na aula baixo o lema "comida sá".

Oss profesores acompañantes, Carlos e Joseba, valoraron moi positivamente esta actividade, que esperan volver repetir anos vindeiros.

Saída ao Salnés

O xoves 13 de maio o alumnado do PCPI e 3º e 4º da ESO de diversificación realizaron no Salnés unha visita guiada, moi interesante, ao Instituto Galego de Formación en Acuicultura, onde observaron as salas de acuicultura e mergullo. Visitaron de seguido o casco antigo de Cambados con parada especial nas ruinas de Santa Mariña e no Museo do Viño. Despois do xantar en Caldas fixeron unha ruta de sendeirismo no entorno do río Umia.

O profesorado acompañante recomenda realizar esta actividade en vindeiros cursos. Alumnos/as participantes expresaron a súa opinión:

"Foi unha excursión moi entretida: visitamos moitos sitios, as fervenzas do río Umia, o Instituto de acuicultura, onde nos dixeron que lebraramos unha frase – Oxalá a acuicultura non existise –, xa que significaría que non existe sobreexplotación mariña".

"Esta excursión servíunos para saber cousas sobre o Mar no IES de Arousa, visita bastante entretida. Quizais o que máis defraudou foi o Museo do Viño, pero en xeral foi xenial, sobre todo, a ruta de sendeirismo en Caldas de Reis".

"Gustoume moito porque foi moi educativa. Aprendemos cousas de acuicultura que ata agora descoñeciamos. Ademais houbo moi bo rollo entre os compañeiros".

Letras Galegas 2010

Co gallo da celebración do día das Letras Galegas 2010, dedicado a Uxío Novoneyra, estanse celebrando durante os últimos días diversas actividades que abranguen diferentes aspectos da nosa cultura:

  • Exposición de libros na Ágora destinados a todas as idades e sobre temas variados, publicados en diversas editoriais.
  • Charla-coloquio a cargo do deportista Tito Otero sobre "A ironman como proba definitiva".
  • Conferencia de Xosé Vázquez Pintor sobre "A vida e obra de Uxío Novoneyra".
  • Alumnado da ESO e 1º de bacharelato asistíu á proxección de curtometraxes galegas.
  • Novoneyra en 3D: descubrir un verso de Novoneyra agochado entre 10 estereogramas.
  • Competición de cachiza con máis de 50 participantes inscritos entre alumnos/as e profesores/as, a nivel individual e colectivo. O premio consistirá en aparellos do xogo (pateiro, cachiza).

 

Distribuir contido