2009-10, Extraescolares e complementarias, Informacións diversas, Propostas por niveis

Plan Xeral Anual do centro para o curso 2009-10

Podes ver o documento que será presentado ao Consello Escolar para a súa modificación e/ou aprobación na sesión que se celebrará o 8 de outubro.

Xefaturas de Departamento

Relación de xefes/as de Departamento do curso 2009-10

Titorías

Relación de titorías de cada curso coas horas de visita correspondentes

Actividades propostas para o curso 2009-2010

    Dentro das actividades complementarias que se realizan co alumnado en horario lectivo, que forman parte da programación pero que teñen un carácter diferenciado polo momento, espazo ou recursos que se utilizan, neste curso escolar van realizarse as seguintes:

CONMEMORACIÓNS E CELEBRACIÓNS

  • Samaín
  • Magosto
  • Entroido
  • San Valentín
  • Día do Libro
  • Día das Letras Galegas
  • Festival conxunto cos centros adscritos
  • Fin de Curso con Vive a música!, entrega de premios do Certame de Poesía….

ACTIVIDADES EN COLABORACIÓN CON ASOCIACIÓNS, INSTITUCIÓNS, ETC.

 

  • Taller sobre a violencia de xénero.(alumnado de 4º)
    • Concello de Cangas
  • Charla coloquio sobre a actividade na bolsa (alumnado de economía)
    • Caixa Galicia
  • “Te puede pasar” Charla coloquio (Alumnado de 4º)
    • AESLEME
  • Obradoiro sobre tabaquismo (alumnado de 2º Eso)
    • Concello de Cangas
  • Obradoiro sobre a prevención do uso do alcohol (alumnado 3º ESO)
    • Concello de Cangas.
  • Obradoiro sobre a prevención do uso de drogas. (alumnado 4º ESO)
    • Concello de Cangas.
  • Participación no programa AULAS SEN FUME. ( alumnado 1º ciclo)
    • Delegación Provincial Sanidade
  • Charla coloquio AUTOPROTECCIÓN. (alumnado 1º ciclo)
    • Protección Civil
  • Obradoiros COEDUCATIVOS. (alumnado 4º ESO)
    • Concello de Cangas
  • Presentación da Universidade. (alumnado de bacharelato)
    • Universidade de Santiago.
  • Obradoiros Semana Intercultural.
    • Concello de Cangas
  • Plantación de árbores.
    • Comunidade de Montes de Darbo

CONCURSOS, EXPOSICIÓNS, CERTAMES, MOSTRAS, PUBLICACIÓNS…

 

  • O alumnado de artes participa nos concursos de carteis para a mostra de teatro, entroido de Cangas, etc
  • Exposición de máscaras do entroido
  • Exposición xeral dos traballos do alumnado de artes no Auditorio
  • Certame de poesía María Soliño, aberto ao alumnado de todos os centros de Galicia.
  • Mostra de Teatro de Ensino Secundario do Morrazo.
  • Concurso exposición de cabazas “Samaín”
  • Publicación mensual de María Soliño News.
  • Arando Cedo. Revista coordinada por Normalización Lingüística

DINAMIZACIÓN DOS RECREOS

 

    Durante os recreos, para diversificar os momentos de ocio, e ao mesmo tempo como elemento integrador daqueles alumnos/as con maiores problemas de relación, ofrécense as seguintes actividades abertas a todo o alumnado:

 

  • Luns: Baile de Salón e Iniciación á Percusión
  • Martes: Xadrez, Fotografía Dixital e Parkour
  • Mércores: Coro
  • Xoves: Patinaxe e Papiroflexia
  • Venres: Bádminton

 

    Ademais os luns, martes e mércores celébranse ligas e campionatos deportivos organizados polo alumnado: fútbol sala, balonmán, tenis de mesa, bádminton, etc

    Tamén nalgúns recreos se intentará dinamizar o uso da ágora con actividades varias: música, demostracións, degustacións, presentacións…..

Actividades propostas para o Ciclo Formativo

  • Participación na Semana Branca (Xaneiro), Semana Verde (Abril) e Semana Azul (Xuño)
  • Colaboración coas actividades que se organicen no centro (Samaín, Magosto, San Valentín, Entroido, Letras galegas, saídas de sendeirismo,etc)
  • Semana da froita

Actividades propostas para PCPI

  • Visita ás escolas taller de Cangas (Granxa da Rúa) e de Moaña (Padroado Beiramar) para ver as posibilidades de facer cursos de formación ocupacional.
  • Visita o IES Paralaia  de Moaña e ao Paz Andrade de Vigo. para ter coñecemento da existencia e funcionamento dos Ciclos  formativos de Grao Medio do contorno: condicións de acceso,  materias, prácticas, saídas laborais,...
  • Vista ao IES Illa de Arousa para ver os Ciclos formativos de Grao Medio / Departamento de Orientación
  • Participación nun obradoiro sobre drogas. / Departamento de Orientación
  • Participación nun obradoiro afectivo-sexual / Departamento de Orientación

Actividades propostas para 2º de Bacharelato

  • Visita a Madrid : ARCO, MUSICAL, ETC
    • Departamento: Plástica e Música
  • Visita a Escola de Artes e Oficios e Facultade de Belas Artes. (Alumnado de Artes e Música).
    • Departamento de Plástica e Música.
  • Visita ao Instituto de Investigacións Mariñas (Bach de Ciencias)
    • Departamento: Física e Química
  • Visita a Universidade de Vigo (Bach. Ciencias)
    • Departamento: Física e Química.
  • Saída a Santiago: A arte do barroco e o Parlamento de Galicia. (Alumnado de Artes e Humanidades)
    • Departamentos: Ciencias Sociais, Música e Filosofía.
  • Visita a Ferrol
    • Departamento de C. Sociais.
  • Unha viaxe “Da costa ás montañas Orientais” para o estudo da paisaxe galega.
    • Departamento de Ciencias Sociais e Naturais
  • Asistencia en Vigo a unha representación teatral en francés. (Alumnado de francés).
    • Departamento de Francés

Actividades propostas para 1º de Bacharelato

  • Saída a Vigo para asistir a unha representación teatral
    • Departamentos: Lingua Castelá
  • Saída a Vigo para asistir a unha representación teatral
    • Departamento de Francés
  • Visita a Madrid : ARCO, MUSICAL, ETC (alumnado de Artes)
    • Departamento: Plástica
  • Saída A Lanzada para participar na actividade de esculturas na area. Mes de Maio. Data determinada polas mareas. (Alumnado de Artes)
    • Departamento de Plástica
  • SEMANA BRANCA. Andorra
    • Departamento E. F
  • Visita ao taller de elaboración de instrumentos de música tradicional da Universidade Popular de Vigo. (Alumnado de Música)
    • Departamento: Música.
  • Saída a París
    • Departamentos varios.
  • Asistencia en Vigo a unha representación teatral en francés.(Alumnado de francés).
    • Departamento de Francés
  • Visita á Escola de Artes e Oficios e Facultade de Belas Artes.
    • Departamento de Plástica e Música.
  • Visita ó Estaleiro de Nodosa. Parque empresarial de Bueu (Alumnado de Ciencias).
    • Departamento de Tecnoloxía
  • Asistencia a unha representación teatral por trimestre no Auditorio de Cangas.
    • Departamento de Galego.

Actividades propostas para 4º de ESO

  • Visita a empresa de fabricación e montaxe do sector automobilístico: PSA.Peugeot.Citröen. Vigo..
    • Departamento: Ciencias Sociais e Tecnoloxía.
  • Saída a Pontevedra para coñecer o Complexo Deportivo Rías do Sur.
    • Departamento E. Física
  • Visita o IES Ricardo Mella e Paz Andrade de Vigo.
    • Departamentos: Orientación e Tecnoloxía.
  • Asistencia a unha representación de teatro en inglés no Auditorio de Cangas.
    • Departamento de Inglés
  • Asistencia a unha representación de teatro en francés na sala dos Salesianos en Vigo.
    • Departamento de francés.
  • Realización dun roteiro interdisciplinar polo contorno.
    • Departamento C. Sociais, E. Física e Naturais.
  • Saída a Santiago. Charla-obradoiro na Facultade de Matemáticas (choco-mates). Horario de tarde
    • Departamento de Matemáticas,
  • Participación nun taller obradoiro sobre drogas.
    • Departamento de Orientación
  • Asistencia a unha representación teatral por trimestre no Auditorio de Cangas.
    • Departamento de Galego.
  • Charla-coloquio “Te puede pasar” da asociación AESLEME
    • Departamento de Orientación
  • Saída A Lanzada para participar na actividade de esculturas na area. Mes de Maio. Data determinada polas mareas.
    • Departamento de Plástica
  • Viaxe a Valladolid-Salamanca para participar nunha ruta literaria
    • Departamento de L. Castelá
  • Obradoiro afectivo-sexual
    • Departamento de orientación

Actividades propostas para 3º de ESO

  • Visita ó parque eólico de Sotavento.
    • Departamentos: Ciencias Sociais e Tecnoloxía.
  • Realización dun roteiro interdisciplinar polo contorno.
    • Departamento C. Sociais, E. Física e Naturais.
  • Asistencia a unha representación teatral por trimestre no Auditorio de Cangas.
    • Departamento de Galego.
  • Asistencia a unha representación teatral en inglés.
    • Departamento: Inglés.
  • Visita o IES Paralaia e Manuel Antonio
    • Departamentos: Orientación e Tecnoloxía
  • Saída a Pontevedra para coñecer o Complexo Deportivo Rías do Sur.
    • Departamento E. Física.
  • Saída a Santiago. Asistir a unha charla e obradoiro (choco-mates) na Facultade de Matemáticas. (Horario de tarde)
    • Departamento de Matemática
  • Participación nun taller obradoiro sobre o alcoholismo.
    • Departamento de Orientación
  • Participación nun taller afectivo-sexual do Centro Quérote.
    • Departamento de Orientación
  • Visita ao IES Illa de Arousa para visitar os Ciclos Formativos de Grao Medio
    • Departamento de Orientación
Distribuir contido