Documentos

Programación Actividades Complementarias 2020-2021

A Comunidade Escolar do IES María Soliño pode consultar a Programación de Actividades Complermentarias e Extraescolares  para o curso 2020-20212 no arquivo adxunto.

Plan Xeral Anual 2020-2021

A Comunidade Escolar do IES María Soliño pode consultar o Plan Xeral Anual do centro para o curso 2020-2021 no arquivo adxunto.

PROTOCOLO COVID-19

A Comunidade Escolar do IES MARÍA SOLIÑO pode consultar diferentes arquivos referentes ao seguimento por parte do centro do COVID-19.

PEC

Na sesión do Consello Escolar, celebrado o luns 09/04/2018, foi aprobado o Proxecto Educativo de Centro (PEC) do IES María Soliño. Pode consultarse o mesmo clicando aquí.

Plan Lector

Podedes todos/as consultar o Plan Lector vixente no centro no arquivo adxunto.

Plan de convivencia

O Plan de Convivencia foi elaborado durante os cursos 2007-2008 e 2008-2009 e aprobado polo Consello Escolar en xuño de 2009. comezará a aplicarse no curso 2009-10.

Podes velo no arquivo adxunto.

Autoprotección

 Durante o curso 2006-2007 elaborouse o Plano de autoprotección do noso instituto; neste documento recóllense as características do centro, os planos de evacuación, os protocolos de actuación en caso de emerxencia e as recomendacións de seguridade para as persoas, mobiliario e edificios do centro. Podes descargar a versión completa dese plano (arquivo pdf de 8,52 Mb). Se debido aos cambios que se están producindo na localización do aloxamento das páxinas da Consellería non consegues acceder directamente podes abrir a páxina da web antiga do centro (http://centros.edu.xunta.es/iesmariasolino/webantiga)  e desde ela acceder a "Taboleiro virtual" onde atoparás ese documento.

 No curso 2007-2008 iniciamos a realización de simulacros de emerxencia con tres obxectivos principais:

  • dar a coñecer a todo o persoal do centro os itinerarios de evacuación e a forma correcta de realizala.
  • detectar posibles deficiencias que afecten á seguridade das persoas, do mobiliario ou dos edificios.
  • mentalizar a todo o persoal da necesidade de estar preparados para calquera emerxencia que poida producirse, de xeito que se minimicen os seus efectos.

Este exercicio realizarase todos os cursos escolares.

No documento adxunto atoparás o resumo das instrucións expostas nas aulas.

Proxecto lingüístico

A comunidade escolar do IES María Soliño pode consultar o Proxecto Lingüístico de Centro (PLC) aprobado polo Consello Escolar na súa última reunión no arquivo adxunto.

 

Distribuir contido