Extraescolares e Complementarias

Actividades Extraescolares e Complementarias

As actividades Complementarias e Extraescolares representan, no María Soliño, un apartado importante dentro do proxecto educativo e por iso teñen un peso significativo na programación ao longo do curso.

O obxectivo fundamental destas actividades é potenciar a educación integral do alumnado tanto no ámbito académico como no de desenvolvemento duns determinados valores persoais de traballo, respecto, tolerancia e compañeirismo.

Estas actividades deben ser na súa maioría formativas, sociais, culturais, lúdicas, nalgúns casos, e en maior ou menor grao, interdisciplinares e globalizadoras, que permitan conectar a vida do Centro coas diversas materias e a vida real do noso contorno.

En cada nivel pódense ver as actividades que propoñen para realizar neste curso os distintos departamentos. Irase completando a información a medida que se vaian realizando as actividades

Festival de curtametraxes "Morraso sine da aula"

Ai Mo.S.A. festival de curtametraxes "Morraso sine da aula" cos IES as Barxas IES Plurilingüe A Paralaia e IES María Soliño Lume!! Sábado 22 ás 21:30h. no entorno da Praza de Abastos. Tamén se emitirán á partir das 21:45 pola canle de Facebook do Concello de Moaña.

CONTOS PARA MOZAMBIQUE

Contos para Mozambique :

Proxecto impulsado e inspirado por Susana Vázquez coordinadora dun programa de cooperación educativo con Mozambique . 

O proxecto trata da tradución e interpretación ilustrada con diferentes técnicas de contos tradicionais que viaxaron da Escola Secundaria Inácio de Loiola ( ESIL) en Msaladzi (Mozambique) a nós, grazas a Susana.

Traballo realizado polo alumnado Artes e o alumnado de 3 ESO de Portugués .

Profesora de Portugués e lingua Galega: M Xesús Moreira Fontán 

Profesora de Artes : Luz Beloso

Premios literarios Minerva 2021

Informamos que Candela Graña Valladares,  alumna de 3º ESO C, obtivo o 1º Accésit en narración dos Premios Literarios Minerva co seu traballo Lúa chea. Cabe destacar a importancia deste premio pois podía participar alumnado dende 3º da ESO ata 2º de Bacharelato. Candela é a máis nova de todos os premiados.

O mércores acudirá a Santiago a recoller o seu premio acompañada pola profesora de Lingua e Literatura Galega Lucía Novas.

Exposición de retratos alumnado Artes

Este venres cinco de marzo damos paso a unha exposición de retratos do alumnado de ARTES do IES Maria Soliño , unha sentida homenaxe ás mulleres do Morrazo; tías, avoas , nais ...son as protagonistas dun traballo realizado con moito corazón para este 8 de MARZO .
A expo estará na entrada do AUDITORO de Cangas ".

Éxito do IES María Soliño

No III Concurso literario "Cambados Mar de Letras", convocado polo IES Francisco Asorey de Cambados, tres alumn@s do centro recibiron unha mención especial e recomendación para publicar os seus traballos: en relato curto Candela Graña; en poesía Tommy Novas e Marta Núñez.

Parabéns aos galardonad@s!

DÍA INTERNACIONAL DA MEMORIA TRANS 20 NOV. 2020

O 20 de NOVEMBRO celebrase o DÍA INTERNACIONAL DA MEMORIA TRANS, unha data que serve para HOMENAXEAR A TODAS AS VÍTIMAS QUE FORON ASASINADAS POLA TRANSFOBIA!

 

Por iso, queremos ENCHER O NOSO INSTITUTO DE CARTEIS QUE NOS AXUDEN A DAR VISIBILIDADE A ESTA DATA!

 

Queremos que sexan a imaxe da LOITA, DA FORZA e DA SUPERVIVENCIA, máis tamén da HOMENAXE a todas aquelas persoas que padeceron ou padecen a discriminación!

 

Que podedes facer?

REALIZAR UN CARTEL ILUSTRADO (con ou sen mensaxe, iso á vosa elección!) para poder CUBRIR AS PAREDES DOS NOSOS CORREDORES DO VOSO APOIO!

É moi IMPORTANTE que participedes para tod@s nós!!! Calquera contribución será ben recibida!!!

 

Podedes facer entrega destes deseños na sala do profesorado a partir do día 10 de novembro e ata o día 19! Alí haberá unha caixa para ir gardándoos e así compartilos chegado o momento oportuno!!!

 

 

RAIOLA, grupo LGTBI do Maria Soliño

 

Festival de curtas SAMAÍN 2020

FESTIVAL DE CURTAS SAMAÍN 2020Sorprendido

Desde o IES María Soliño animámosvos a ver e votar as curtas do Festival de Curtas Samaín deste ano. Clicando aquí podes acceder as diferentes curtas.

A votación remata o xoves, 05 de novembro ás 15:00 h. e o venres 06 terá lugar a entrega de premios.

 

 

Violencia de Xénero

No IES María Soliño reivindicamos o día da Violencia de Xénero cunha serie de actos e exposoicións como poesía visual, video-creacións, Haikus, perfomances, accións artísticas, murais e un longo etc. repartido todo  ao longo do #25N. Clicando aquí podedes atopar unha mostra.

Visita ao Instituto Camoês

O venres 13 xaneiro o alumnado de Português visitou o Centro Cultural do Instituto Camões, que ten a súa sede na praza de Tenente Almeida, en Vigo.

Explicáronnos as actividades que desenvolve o devandito centro para divulgar a lingua e a cultura portuguesa, como presentacións de libros a cargo dos autores/as, proxeccións de filmes, exposicións, representacións teatrais a cargo de grupo de teatro afeccionado do propio centro (dirixido pola canguesa Vanesa Sotelo); tamén imparten cursos de Língua Portuguesa, ademais realízanse os exames oficiais para acadar os certificados que acreditan os niveis A1, A2, B1, B2.

Todas as persoas podemos visitalo, acudir aos actos culturais ou consultar a súa biblioteca que conta con máis de 2000 libros, Cds de música, filmes e documentais, así mesmo ten sevizo de préstamo facendo o carné de socia/o.

 Na visita coñecemos o edificio histórico do século XVI e como foi a súa rehabilitación.

Visita a Galería de fotos clicando aquí.

Distribuir contido