Orientación

Oferta educativa diversas titulacións

Videos de orientación de todas as Titulacións da Uvigo.
http://estudantes.uvigo.es/estudantes_gl/siope/estudos/testemunos/index.html

Videos do Curso deste ano sobre Universidade, orientación vocacional e acceso.

Atoparedes diversos videos do voso interés de diversas temáticas. Recoméndovos especialmente as entrevistas que fixemos aos alumnos porque os consellos que dan para futuros alumnos son moi valiosos… Hay varios titulados ¿Qué opinan os alumnos sobre orientación? e algún outro titulado Alumnos opinan…etc.

http://tv.uvigo.es/es/serial/2889.html

Folletos das diversas Titulacións 

Neste link, onde tamén podedes ver os vídeos anteriores de cada titulación e un acceso directo ás materias de cada grao (no programa docnet de guias docentes da uvigo)
 

https://www.uvigo.gal/uvigo_gl/estudos/graos/

 

INFORMACIÓN VARIA SOBRE A AVALIACIÓN DE BACHARELATO PARA O ACCESO Á UNIVERSIDADE (ABAU)

CURSO 2017-2018 Sorprendido

Os interesados/as poden  consultar diversa información sobre a ABAU, notas de corte, oferta para o curso 2017-2018, nota de prensa sobre Novas Titulacións e as ponderacións para o curso 2018.2019 clicando aquí.

PROBAS DE ACCESO AOS CICLOS SUPERIORES CURSO 2017-2018 Sorprendido

Premendo no arquivo correspondente os alumnos/as poden atopar as directrices xerais sobre as probas de acceso aos Ciclos de Grao Superior, organización da parte específica, familias profesionais, formación profesional específica dos CC.G.S.

BanDeRede- Recursos para a diversidade educativa

Clicando sobre a imaxe podes acceder á páxina do Banco de Recursos para a diversidade educativa, onde atoparás recursos, actividades e ferramentas que permitan ofrecer as máximas oportunidades respectando os diferentes ritmos dos alumnos/as.

BLOG DE ORIENTACIÓN IES MARÍA SOLIÑO

No seguinte enlace podedes atopar información xeral e puntual sobre diversos aspectos do sistema educativo. Tamén dispoñedes de acceso directo á orientadora do centro.

Blog

Tamén clicando aquí podes acceder á aplicación ORIENTA 2017-2018.

Materias Optativas Bacharelato

 

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN

O arquivo adxunto contén información importante remitida polos  Departamentos Didácticos correspondentes, das materias optativas de Bacharelato e ESO, sobre contidos, metodoloxía, peso na selectividade e orientación profesional de cara a facilitar a elección das mesmas conforme aos estudos que se pense cursar.

Os profesores dos diversos Departamentos así como, de maneira moi especial, o Departamento de Orientación están sempre á disposición da Comunidade Escolar do IES María Soliño para facilitar todo tipo de axuda na procura da maior información e clarificación posible nunha elección responsable. 

Relación de Departamentos que teñen adxuntado información sobre a súa oferta de materias optativas para o vindeiro curso: Xeoloxía e Bioloxía, Física e Química, Filosofía, Francés, Lingua e Literatura Galegas (Portugués) e que poden atoparse no documento:

 Materias optativas 2017

AXUDA PARA INDECISOS

Desde o Departamento de Orientación e a través da páxina web de Y Ahora Qué - www.yaq.es - incluímos unha serie de reportaxes interesantes para a comunidade de estudantes.

Desorientado? 39 claves para atopar a túa carreira

Os titulados mellor pagados.

Que é o proceso de Bolonia e como vai afectar aos futuros universitarios?

As mellores fórmulas para automotivarse.

O mesmo web site actualízase constantemente e está recomendado para que os estudantes atopen información sobre profesións, selectividade, universidades e tamén para compartir opinións con outros estudantes.

Outubro de 2008.

 

Distribuir contido