Novidades
INFORMACIÓN ANPA A ANPA do IES María Soliño pon á disposición de todos os seus asociados/as o seu blog para manterse informados de todas as novas que afecten á comunidade escolar do centro. Na páxina web do centro e no apartado reservado á ANPA pode accederse ao mesmo. Animámosvos a participar con todas as suxestións que consideredes oportunas. Grazas. REVISTA DA COORDINADORA GALEGA DOS ENDL. A comunidade escolar do IES María Soliño pode achegarse ás novas da Cordinadora Galega dos ENDL a través da súa revista Ollos de auga. Mantente informado sobre a nosa lingua!!
GUÍA DE LECTURAS PARA SECUNDARIA 2018-2019 Os Equipos de Dinamización da Lingua Galega do Morrazo propoñen unha serie de lecturas para Educación Secundaria segundo diversos niveis: 12 en adiante, 14 en adiante, 16 en adiante e familias. COMPARTE AMOR POLO NOSO clicando na imaxe.
______________________
CALENDARIO ESCOLAR CURSO 2019-2020 No seguinte link da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional pódese consultar o calendario escolar para o curso 2019-2020, aprobado segundo orde do 20 de xuño de 2019.
LIBROS DE TEXTO CURSO 2019-2020 A Comunidade Escolar do IES María Soliño pode consultar a lista de libros para o vindeiro curso fornecida polos diversos departamentos didácticos. Recoméndase, en caso de dúbida, poñerse en contacto co departamento afectado.
DEVOLUCIÓN LIBROS DE TEXTO DO CURSO ACTUAL 2018/2019
O prazo máximo para a devolución dos libros de texto do curso actual 2018/2019 remata o 21 de xuño de 2019, agás para o alumnado da ESO que teña algunha materia pendente e que poderá quedar co libro ata a realización do exame na convocatoria de setembro. A data máxima de entrega neste caso será o 06 de setembro de 2019.
FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR CURSO 2019/2020
ORDE do 3 de maio de 2019 (DOG núm. 94, 20/05/2019) pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2019/20.
Infórmase da convocatoria e solicitude do fondo solidario de libros de texto e axudas para adquisición de material escolar. O prazo para presentar solicitudes comeza o 21 de maio e remata o 21 de xuño de 2019 (ambos os dous incluídos).
Nota informativa para o alumnado que curse actualmente 4º da ESO (curso 2018/2019): O alumnado que repita 4º da ESO, cando non tivese presentado solicitude de participación no fondo solidario e a solicitude para adquirir material escolar no prazo indicado, tamén poderá presentala no prazo dun mes (1) desde a formalización da matrícula en setembro. Máis información no enlace da Consellería http://www.edu.xunta.gal/portal/fondolibros ou na secretaría do Centro.
CURSO DE ADAPTACIÓN DA ACTIVIDADE FISICA E DEPORTIVA O SOCORRISMO EN ESPAZOS ACUATICOS NATURAIS– (CAFDO-EAN). A inscrición farase de forma presencial na secretaria do IES María Soliño de Cangas: Prazo de inscripción do 21 ao 29 de maio de 2019. Información do curso, documentación necesaria e solicitude de inscripción no documento adxunto.
CALENDARIO AVALIACIÓNS E PROBAS DE MATERIAS PENDENTES CURSO 2018-2019
A comunidade escolar do IES María Soliño pode consultar o calendario de avaliacións e probas de materias pendentes para o curso 2018-2019, aprobados ambos os dous na CCP do 02/10/2018. Adxúntaxe tamén horario da 2ª e 3ª probas de pendentes de Bacharelato e da ESO.
MEDIACIÓN NA RESOLUCIÓN DE CONFLITOS Os interesados/as poden consultar as directrices xerias sobre a posta en marcha da mediación de resolución de conflitos clicando aquí.
PROGRAMA IMPORTA O IES Mª Soliño foi seleccionado para formar parte no proxecto IMPORTA/CLIL+-Proxectos de Movilidade de Educación escolar/Movilidade das persoas por motivos de aprendizaxe(KA1)-encadrado no programa Erasmus+en lingua portuguesa.
|
Novas anteriores |
