Novidades

 

 

 

 

 INFORMACIÓN ANPA

A ANPA do IES María Soliño pon á disposición de todos os seus asociados/as o seu blog para manterse informados de todas as novas que afecten á comunidade escolar do centro. Na páxina web do centro e no apartado reservado á ANPA pode accederse ao mesmo.

Animámosvos a participar con todas as suxestións que consideredes oportunas.

Grazas.

______________________

REVISTA DA COORDINADORA GALEGA DOS ENDL. A comunidade escolar do IES María Soliño pode achegarse ás novas da Cordinadora Galega dos ENDL a través da súa revista Ollos de auga.

Mantente informado sobre a nosa lingua!!

______________________

 

CONVOCATORIA DE SETEMBRO 2016-2017: CALENDARIO DE EXAMES.

A comunidade escolar dos IES María Soliño pode consultar o calendario da CONVOCATORIA DE SETEMBRO 2016-2017 premendo aquí. Para calquera aclaración, póñanse en conta coa  Xefatura de Estudos do centro.

 

 

SERVIZO DE XESTIÓN E EXPLOTACIÓN CAFETERIA CURSO 2017-2018

Os interesados no servizo de xestión e explotación da cafetería do centro para o curso 2017-2018 poden consultar as bases no enlace da Consellería.

O prazo abrangue do 1 ao 15 de xullo. As solicitudes deben entregarse na secretaría do IES María Soliño.

 

LIBROS DE TEXTO CURSO 2017-218


Os interesados/as poden consultar a lista dos libros de texto para o curso 2017-218 cliclando aquí. De existiren dúbidas prégase que se poñan en contacto cos departamentos afectados.

 

 MATRÍCULA ESO E BACHARELATO CURSO 2017-2018

O alumnado con todo aprobado na avaliación ordinaria de xuño 2017 que o vindeiro curso académico 2017-2018 vaia cursar neste centro a ESO ou BACHARELATO debe matricularse na secretaría do centro antes do 10 de xullo. A título orientativo, os días de matrícula da ESO ou BACHARELATO indicados nos sobres de matrícula son os seguintes:

  • 2ª bach. 28 e 29 de xuño
  • 1º bach. 30 de xuño e 3 de xullo
  • 4º ESO 4 de xullo
  • 3º ESO 5 de xullo
  • 2º ESO 6 de xullo
  • 1º ESO 7 de xullo

A documentación que debe acompañar aos impresos ven indicada nos propios impresos de matrícula, que poden consultarse e imprimirse cliclando nos seguintes enlaces.

 

 

 

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO,  AXUDAS PARA LIBROS E MATERIAL ESCOLAR CURSO 2017/2018

Adxúntanse convocatoria e solicitude do fondo solidario de libros de texto e axudas para adquisición de libros e material escolar. O prazo para presentar solicitudes principia o 23 de maio e remata o 23 de xuño de 2017 (ambos os dous incluídos).

 Máis información no enlace da Consellería http://www.edu.xunta.gal/portal/fondolibros ou na secretaría do Centro.

 

DEVOLUCIÓN LIBROS DE TEXTO CURSO 2016/2017

O prazo máximo para a devolución dos libros de texto do curso 2016/2017 remata o 23 de xuño de 2017, agás para o alumnado da ESO que teña algunha materia pendente e que poderá quedar co libro ata a realización do exame da convocatoria de setembro. A data máxima de entrega neste caso será o 07 de setembro de 2017.

 

 

DISPOSICIÓNS NORMATIVAS ABAU

Instrucións para a realización no curso 2016/2017 da avaliación de bacharelato para o acceso á Universidade para o curso 2017/2018.

 ABAU



AXUDAS PARA A FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS 2017

Convócanse axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2017 destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos.

Consulta da información oficial clicando aquí.

 

CALENDARIO AVALIACIÓNS CURSO 2016/17

A Comisión de Coordenación Pedagóxica (CCP) na súa reunión do 13 de outubro aprobou o calendario de avaliacións para o curso 2016/17 coas reservas relativas á realización da Reválida de 2º de bacharelato.

O calendario pódese consultar aquí.

 CALENDARIO ESCOLAR CURSO 2016/17

Os interesados/as poden consultar o calendario escolar vixente para o curso 2016/17 no enlace correspodente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

De xeito máis directo tamén se pode consultar aquí.

 PROGRAMA IMPORTA

O IES Mª Soliño foi seleccionado para formar parte no proxecto IMPORTA/CLIL+-Proxectos de Movilidade de Educación escolar/Movilidade das persoas por motivos de aprendizaxe(KA1)-encadrado no programa Erasmus+en lingua portuguesa.

O proxecto IMPORTA é un consorcio entre a Dirección Xeral de Educación, F.P. e Innovación Educativa da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e os seguintes centros nos que se imparte lingua portuguesa: IES MªSoliño, IES de Cacheiras, IES Félix Muriel, IES de Valga, IES de Xelmírez. Co obxectivo de mellorar a competencia lingüística do profesorado de lingua portuguesa, así como o uso das TICs na aula e impulsar a creación de seccións bilingües.

O profesorado seleccionado levará a cabo as seguintes actividades:

  • Curso de formación on line en lingua portuguesa.
  • Curso estructurado de formación en Lisboa.
  • Elaboración de unidades didácticas integradas.


 

 

 

 

 

 

 Contacta con nós

 

 

 

 

   Novas anteriores