Skip to Content

Conferencias

Exploración tripulada dos últimos confíns do planeta. Baixada á foxa das Marianas.

Este 5 de Xuño de 2023 o enxeñeiro aeronáutico Héctor Salvador presentou as dificultades que atoparon para baixar á profundidade maior dos océanos terrestres, a foxa das Marianas, de case 11 km de profundidade, para alumnado STEMBach e outros grupos.

Este lucense comentou as dificultades do deseño dos submarinos de que dispoñen na súa empresa, situada en Barcelona, dende onde impartiu a charla. Presentouse como un explorador que en cada descenso descobre novas especies e accidentes xeográficos do noso planeta que bautizan. Rematou intentando concienciarnos de empregar menos plásticos para evitar que estes cheguen antes ca nós a sitios coma a foxa das Marianas.

Álbum: Sen categoría -> 23 Hector Salvador

A revolución da ciencia pospandemia.

Este 24 de Maio o alumnado de primeiro curso e o profesorado de STEMBach asistiron dende o salón de actos do noso IES a unha videoconferencia impartida pola Doutora Sonia Villapol dende Houston.
A neuriocientífica lucense avanzou contidos dun libro que próximamente publicará Xerais, no que conta a revolución que supuxo aplicar a tecnoloxía de nanoencapsulación das vacinas do COVID para tratar danos cerebrais. A tamén divulgadora científica presentou diferentes datos en células in vitro e probas en ratos. En primeiro lugar expuxo os resultados de encapsular CRISPR para tratar danos cerebrais e por último presentou a nanoencapsulación de dexametasona como antiinflamatorio.

Álbum: Sen categoría -> 23 Villapol

Arquitecta de solucións na nube en Microsoft.

Este 3 de Maio a arquitecta de solucións na nube de Microsoft, Yanina Falcón, aportou a súa experiencia vital nun mundo no que as mulleres son minoría.

Esta titulada superior do CIFP Politécnico no ciclo de sistemas de telecomunicacións e informáticos sinalou a importancia da formación continua, dos idiomas e dos certificados de Microsoft no mundo das empresas tecnolóxicas. O alumnado e profesorado de STEMBach asistiron á magnífica conferencia na que a poñente destacou o esforzo como un reto na súa automotivación persoal.

Despois da conferencia, o alumnado de primeiro curso de STEMBach fixo interesantes preguntas e expuxo a súas intencións académicas a curto prazo.

Álbum: Sen categoría -> Microsoft 23

Ética e investigación clínica.

Este 22 de Marzo o alumnado de primeiro curso de STEMBach asistiu a unha conferencia de bioética impartida polo Doutor en Ciencias da Saúde pola UdC Jonatan Miguel Carrera. Tamén asistiron a este acto alumnado de diferentes materias do Departamento de Filosofía e profesorado do IES Lucus Augusti.

Nesta interesante ponencia presentáronse feitos coma os experimentos en seres humanos realizados por médicos con persoas en Auschwitz, o estudo Willowbrook nos Estados Unidos, o proxecto Manhattan en Hiroshima e o experimento de Tuskegee, tamén en USA. A petición da poboación fóronse lexislando recentemente os conceptos da ética e xurdiron os comités de bioética actuais. A conferencia rematou cunha animada rolda de preguntas.

Álbum: Sen categoría -> bioética

Internet das cousas (IoT).

A doutora Enxeñeira en Telecomunicacións Rebeca P. Díaz Redondo, directora da Escola de Enxeñaría de Telecomunicacións da Universidade de Vigo, impartiu unha conferencia, A internet das cousas(IoT), este 1 de marzo na Sala de Xuntas do noso IES para o alumnado de primeiro curso de STEMbach.

Esta lucense presentou diferentes dispositivos intelixentes (bandas, reloxes, lentes, teléfonos, cidades,…) e a súa comunicación a diferentes niveis (nube, néboa e bruma). Tamén explicou o que é a IP, as cadeas de montaxe industriais, a domótica, a intelixencia artificial e o funcionamento do Google Maps entre outras cousas. Despois da ponencia virtual, alumnado e profesorado formularon cuestións interesantes sobre estes temas tan actuais.

Álbum: Sen categoría -> IoT 23

Distintos infinitos.

Este 6 de Febreiro o doutor en matemáticas David Gómez Castro, da Universidade Complutense de Madrid, impartiu a conferencia titulada distintos infinitos para alumnado e profesorado STEMbach do noso centro.

Empezou definindo o que era o finito para definir o infinito. Concretamente definiu 3 infititos: c, A e N0.  Finalmente, presentou sorpresas co infinito, entre elas as series e as integrais. A conferencia rematou cunha interesante rolda de preguntas por parte do alumnado.

Álbum: Sen categoría -> matematicas infinito
Distribuir contido


by Dr. Radut