Skip to Content

CURSOS DISPOÑÍBLES NA AULA VIRTUAL E OUTROS RECURSOS

ATENCIÓN A TODO O ALUMNADO

Estan dispoñibles na Aula Virtual cursos da meirande parte das materias. Mirade o Abalar e facede a comprobación oportuna aínda que non o vexas nesta lista. É moi importante que o actualicedes e mesmo animedes ás familias a que se den de alta na aplicación abalar se non o están:

 

  • LINGUA GALEGA 3º ESO E 2º BACHARELATO
  • XEOGRAFÍA E HISTORIA 1º ESO B/C/D E 2º ESO
  • VALORES ÉTICOS 1º E 4º ESO E 1º BACHARELATO A
  • FRANCÉS 1º ESO
  • EDUCACIÓN FÍSICA 1º E 2º ESO
  • MÚSICA DE 2º E 3º ESO, ANALISE MÚSICAL DE 1º BACHARELATO
  • COMUNICACIÓN E SOCIEDADE II DE INFORMÁTICA E COMUNICACIÓN II
  • PLÁSTICA DE 3º ESO C E  4º ESO

  • MATEMÁTICAS DE 1°ESO A/B E 4°ESO A

  • LINGUA GALEGA E LITERATURA DE 1 ESO A/B E 4º ESO

  •  OFIMÁTICA E PROCESO DA INFORMACIÓN DE AF1
  • PROGRAMACIÓN DE 1º ESO (Informática-ESO-acceso como convidado)
  • LINGUA CASTELÁ DE 2º ESO
  • LINGUA CASTELÁ DE 3º ESO E 1º BACHARELATO
  • BIOLOXÍA E XEOLOXÍA E PAISAXE E SUSTENTABILIBADE DE 1º DA ESO

 

Outros recursos:

 

Espazo Abalar

 

Aulas Galegas

Aulas galegas é un portal educativo realizado por un colectivo de profesoras e profesores sen ánimo de lucro que ante a situación de illamento provocada polo coronavirus Covid-19 ofrecen unha axuda educativa á sociedade.

Aulas galegas nace para axudar o alumnado, as familias e o resto de profesorado a atopar recursos e materiais educativos en galego. A súa intención é ser unha fonte de recursos que sume no panorama educativo galego.

Aprendemos en casa

RTVE lanza o vindeiro luns ‘Aprendemos en casa’, unha iniciativa do Ministerio de Educación e Formación Profesional para facilitar a educación desde a televisión pública durante o tempo que duren as medidas de illamento para conter o coronavirus.

O luns 23 comezará a emisión deste espazo na franxa de mañá de Clan e na 2, que reforzan así o papel da televisión lineal con este proxecto destinado a toda a poboación, especialmente ás familias con menos recursos, territorios con maiores dificultades de conexión á rede e cidadáns que por motivo das condicións impostas polo illamento teñen problemas para compartir o ancho de banda.

Na 2, de 12 a 16 anos

Na 2, a emisión durará dúas horas ao día (de 12:00 a 14:00) para idades entre 12 e 16 anos. ‘Aprendemos en casa’ de 12 a 14 anos (12:00 a 13:00 horas) e de 14 a 16 anos (13:00 a 14:00 horas).



blog | by Dr. Radut