Skip to Content

Novas

O martes 24 de xaneiro ás 16:00 teremos xornada de portas abertas para as familias do alumnado que se incorpore ó centro no curso 2023/2024.

O próximo xoves, 15 de decembro ás 17:00h, haberá un Obradoiro gratuito para as familias sobre "Educación emocional e sexual na familia". Realizarase no Salon de Actos e será impartido polo Centro Quérote+.
Os obxectivos son:
 Crear un espazo seguro para poder falar das dúbidas, preocupacións e dificultades da crianza sen sentimentos de culpa o xuízos de valor.
 Dotar de coñecementos básicos para a educación sexual.
 Construír ferramentas que axuden na xestión diaria da educación dos fillos e fillas.

Para mais información contactar co Departamento de Orientación.

De acordo coa Resolución do 19 de setembro de 2022, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a celebracion de eleccions de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos (DOG de 30 desetembro), a Xunta Electoral deste Centro, en virtude das atribución que lle son conferidas pola lexislación vixente, dispón a convocatoria de eleccións ao Consello Escolar para elixir representantes de alumnado, profesorado, nais e pais, segundo as seguintes normas.

Os censos de alumnado e responsables de alumnado pódense consultar no taboleiro de anuncios do centro tendo en conta que o prazo de reclamación sobre os censos é ata o 17 de novembro.

Segundo as instrucións conxuntas do 5 de setembro de 2022 da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidade e da Consellería de Sanidade ao respecto das recomendacións xerais para a xestión da COVID-19 no ámbito educativo no curso 22-23, este ano non haberá un protocolo específico de adaptación ao contexto da COVID-19 nas aulas. Porén, ditas instrucións recollen unha serie de recomendacións para o novo curso:

  1. Ventilación de espazos, realizando ventilación cruzada frecuente nas instalacións, sobre todo ao inicio e remate da xornada, durante os recreos e entre clases. 
  2. Hixiene de mans e hixiene respiratoria, promovendo o lavado de mans regular e recomendando tusir ou esbirrar sobre a cara interior do cóbado ou nun pano.
  3. Uso de máscara, sendo obrigatorio no transporte escolar e recomendable no caso das persoas que presenten síntomas compatibles coa COVID-19 ou outra sintomatoloxía respiratoria, e naquelas persoas con criterios de vulnerabilidade.

As persoas que presenten síntomas compatibles coa COVID-!9 non precisan illamento pero deberán utilizar máscara e manter unha hixiene de mans e respiratoria axeitada e evitar interacionar con persoas vulnerables. En calquera caso, se a sintomatoloxía impide asistir con normalidade ao centro, non se acudirá, como en calquera enfermidade común.

As clases comezarán o xoves 8 de setembro en horario normal, de 08:50 h a 14:25 h.
A tarde do xoves, terán clase, en horario de 16:00 h a 18:30 h, os seguintes grupos:
1º CM Estética
2º CM Peiteado
2º CM Soldadura
 
O alumnado de ESO que solicitou transporte xa o pode empregar dende o día 8 de setembro. O resto do alumnado terá que agardar ata que avisen polas aulas.
Distribuir contido


by Dr. Radut