Skip to Content

Novas

Os titores de cada grupo entregarán as notas en papel na aula de referecnia do grupo no seguinte horario:

  • ESO e Bacharelato: venres 23 de xuño ás 10:00 h.
  • Ciclos básicos, medios e superiores: martes 27 de xuño ás 10:00 h.

O venres 19 de maio publicouse no DOGA a Orde pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar para o curso escolar 2023/24.

A solicitude presentarase preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado (procedemento ED330B-anexos I e II) accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia.

O prazo de presentación de solicitudes remata o mércores 21 de xuño.

O alumnado que curse 1º de ESO no curso 2023/24, incluído no proxecto de educación dixital (E-DIXGAL), está excluído da participación no fondo solidario de libros de texto e das axudas para adquirir libros de texto. Non obstante, terá dereito á axuda para adquirir material escolar.

Mais información.

Publicación de actos:

No taboleiro de anuncios da secretaría do centro, única e exclusivamente, publicaranse os seguintes actos:

  • listaxe provisional e definitiva de persoas beneficiarias de libros de texto.
  • listaxe provisional e definitiva de solicitudes excluías, indicando a causa de exclusión.
  • relación provisional e definitiva de solicitudes de axudas para adquirir libros de texto e material escolar en que se detecten deficiencias, indicando a deficiencia detectada ou a documentación de que carezan.

Asi mesmo, as persoas solicitantes poderán acceder por vía electrónica ao seu expediente, a través da aplicación fondolibros, empregando a Chave365 ou o certificado dixital.

Datas de publicación:

  • Listaxes provisionais: 12 de xullo de 2023.
  • Prazo de reclamación: 13 e 14 de xullo de 2023.
  • Listaxes definitivas: 26 de xullo de 2023.

O xoves 27 e o venres 28 de abril está convocada unha folga de transoporte. Dende a empresa de transporte comunican que haberá servizos mínimos e que a xornada se desenvolverá con normalidade. Pero non é descartable que poidan ocurrir incidencias.

AVISO: Folga desconvocada

O venres 31 de marzo está convocada unha folga de transoporte. Dende a empresa de transporte comunican que haberá servizos mínimos e que a xornada se desenvolverá con normalidade. Pero non é descartable que poidan ocurrir incidencias.

O 17 de marzo publicouse no BOE a convocatoria de becas de carácter xeral para o curso 2023-2024, para estudantes que cursen estudos postobrigatorios:

FP Básica.

Bacharelato.

Ciclos Medios.

Ciclos Superiores.

Universidade e outros.

As solicitudes faranse exclusivamente de forma telemática a través da Sede Electrónica do MEFP. O prazo de solicitude abrangue do día 27 de marzo ao 17 de maio de 2023, ambos incluídos.

Texto da convocatoria

Para máis información e solicitude:

https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas.html

seguinte información sobre o procedemento de admisión, tal como se establece na Orde, pode consultarse no taboleiro da Secretaría do Centro e na aplicación AdmisionAlumnado.

  • NormativaO procedemento de admisión de alumnado en centros sostidos con fondos públicos establécese na Orde de 21 de outubro de 2022, pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

  • Prazo de presentación das solicitudes de reserva de prazado 14 de xaneiro ao 4 de febreiro de 2023 (en AdmisionAlumnado di ata o 6 de febreiro) para o alumnado que finaliza etapa nun centro ou colexio adscrito e pasa a outro, tendo que presentar a solicitude de reserva de praza, que se pode facer:

    • a través da aplicación informática AdmisiónAlumnado

    • a través da SEDE ELECTRÓNICA da Xunta de Galicia.

    • ou ben cubrindo o impreso de solicitude presentándoo físicamente e en prazo na Secretaría do Centro.

    • O alumnado que xa está no IES Johan Carballeira non ten que solicitar reserva de praza cada ano.

 

 

  • Data de publicación da listaxe do alumnado con posto reservado: 22 de febreiro.

  • Postos escolares ofertados en cada nivel e etapa: prazas ofertadas e vacantes

  • Prazo de presentación das solicitudes de admisión: para o resto do alumnado, do 1 ao 20 de marzo.

     

    INFORMACIÓN A COÑECER PREVIAMENTE:

  • O alumnado que xa cursa estudos no centro ten garantida a permanencia. En caso de presentar a solicitude noutro centro, debe comunicalo.

  • Todo o alumnado poderá presentar solicitude de admisión, pedindo ata seis centros por orde de preferencia, e alegar os criterios de admisión que pretenda que se lle valoren. Esta solicitude de admisión dirixirase ao centro solicitado en primeiro lugar. Unha vez presentada unha solicitude, para renunciar a ela deberá facerse expresamente indicándoo no recadro correspondente da nova solicitude a presentar.

  • O alumnado que teña prioridade para continuar estudos nun centro de adscrición pode exercer o seu dereito á reserva de praza presentando solicitude de reserva no centro adscrito (no que está matriculado nese momento), e identificará o centro de adscrición que solicita.

  • En todo caso, a solicitude de reserva ou de admisión é única para cada alumno/a e ten carácter vinculante. A súa presentación implica que son certos os datos indicados nela. A existencia dunha solicitude de admisión presentada en prazo sen renunciar expresamente á anterior e, así mesmo, a existencia dunha solicitude de admisión sen ter renunciado á praza reservada a 28 de febreiro (este incluído) poderán ser causa de perda do dereito a participar no procedemento nos termos previstos no artigo 8 da Orde que o regula.

  • Formalización e presentación da solicitude de admisión e a documentación. Pode facerse:

  • Cubrindo directamente o impreso de solicitude de admisión ou creándoo a través da aplicación AdmisiónAlumnado, a través do menú Solicitudes, Admisión, Crear solicitude de admisión. Feito iso, débese:

    • Imprimir dito formulario e achegalo ao centro educativo escollido en primeiro lugar.

    • Ou ben, se dispoñen de certificado dixital, presentalo en Sede Electrónica a través da aplicación.

  • Xunto coa solicitude debe entregarse tamén:

    • Copia do DNI, NIE ou pasaporte da alumna/o que solicite praza.

    • Copia do libro de familia ou documento equivalente onde figure o/a alumno/a e os demais membros computables da unidade familiar.

    • En caso de separación dos pais: sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a custodia do menor.

  • E, de ser o caso, debe acompañarse de:

    • Certificado ou comprobación de irmás/áns matriculadas/os no centro.

    • Certificado de nai, pai ou titor/a legal traballador do centro.

    • Certificado da empresa por proximidade do centro ao lugar de traballo das/dos nais/pais ou titoras/es legais

    • Certificado de familia numerosa ou condición de familia monoparental.

    • Certificado de discapacidade da alumna ou alumno ou membro da unidade familiar.

    • Certificado de nacemento de irmáns por parto múltiple.

    • Sentencia acreditativa de vítima de violencia de xénero ou vítima de terrorismo.

    • Resolución da sentencia de separación.

  • Prazo de presentación da documentación xustificativa dos criterios de baremo alegados: 10 días hábiles a partir do 21 de marzo.
  • Baremo escolarización.
  • Data de publicación das listaxes de alumnado admitido e non admitido: as listaxes serán publicadas no taboleiro da Secretaría do centro, podendo consultarse tamén a información a través de Chave 365.

    • Listaxe provisional25 de abril.

    • Prazo para formular reclamación: nos cinco días hábiles seguintes.

    • Listaxe definitiva15 de maio.

    • Segundo o artigo 36 da Orde, contra a listaxe definitiva, as persoas interesadas poderán interpor recurso de alzada ante a persoa titular da xefatura territorial, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación.

  • Prazo para formalizar a matrícula: para todo o alumnado, do 23 de xuño ao 7 de xullo de 2023.

Distribuir contido


by Dr. Radut