Skip to Content

O pasado xoves, Pablo Loira Ermida, de 1º bacharelato C, acudiu ao colexio M. Peleteiro de Santiago de Compostela, ao acto de entrega dos Premios Minerva, nos que  conseguiu un accésit pola súa obra Tolemias do noso señor. Moitos parabéns e a seguir escribindo!

Noticia na Voz de Galicia

Están publicadas no taboleiro de anuncios da secretaría do centro, as listaxes de admitidos en ESO e Bacharelato para o curso 2024/2025.

Ao abeiro do Plan Integral contra o acoso e o ciberacoso escolar impulsado co fin de blindar que as contornas escolares sexan seguras, inclusivas e respectuosas e que o centro escolar conte cos recursos necesarios para poder previr, identificar e actuar ante estas situacións, colocouse un punto laranxa físico no centro e outro virtual na páxina web do centro.

O funcionamento do punto laranxa é como o dun buzón a través do cal o alumnado pode comunicar ou denunciar, desde unha posición totalmente anónima, posibles situacións de acoso ou ciberacoso que sufran ou perciban en outros alumnos.

Para xestionar este buzón, o centro conta cun equipo de actuación contra o acoso escolar integrado, entre outros, polo coordinador de benestar emocional e convivencia e a persoa orientadora do centro.

Así, o alumnado dispón dun equipo de referencia ao que dirixirse en caso de que o precise. E no  Protocolo educativo para a prevención, a detección e o tratamento do acoso e do ciberacoso escolar, establécese un procedemento de intervención ante os posibles casos que se coñezan por esta vía.

Continuando co proceso iniciado o curso pasado, o equipo Erasmus Escolar do IES Johan Carballeira vén traballando desde setembro na organización de distintas mobilidades, tanto de profesorado coma de alumnado. Este cartel é un resumo das que xa se puxeron en práctica ao longo dos meses de xaneiro e febreiro. Pincha nos seus nomes se queres coñecer un pouco máis sobre elas. Curso formación profesorado, Mobilidade Picasso Mob, Visita preparatoria.

Nestes momentos seguen tendo lugar outras mobilidades e próximamente tamén teremos as mobilidades de grupo. Estade atentas e atentos á próxima publicación!!

Equipo Erasmus Escolar 2023-2024.

 
 
 
 
Distribuir contido


by Dr. Radut