Skip to Content

A Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa convoca, con carácter experimental, a selección de centros e alumnado matriculado en centros públicos de ensino non universitario da Comunidade Autónoma de Galicia para participar no programa Picasso Mob de intercambio individual de alumnado en réxime de reciprocidade con alumnado matriculado en centros pertencentes á Région Académique de Bourgogne-Franche Comté (Francia) durante o curso 2023/2024. O IES Johan Carballeira ten a intención de participar neste programa de Innovación Educativa polo que a continuación resumimos as características máis salientables do programa, así coma o público a quen vai dirixido, o procedemento de selección e a documentación que o alumnado debe presentar.

Programa Picasso MOB-ERASMUS+

 

As clases comezan o luns 11 de setembro en horario completo. Todo o alumnado ten que estar no centro ás 8:50.

A data de inicio das clases no réxime de adultos en ESA e Bacharelato de adultos será o 11 de setembro ás 17:45.

O luns 10 de xullo publícanse as listaxes provisionais do fondo de libros.

Pódense consultar na conserxería do centro.

O prazo de reclamación: 11 e 12 de xullo.

En canto ás axudas para material escolar, xa están dispoñibles os vales.

Xúntase a Orde do 22 de xuño de 2023 pola que se establecen medidas para a validación ou a exención de materias da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato e materias das ensinanzas profesionais de música e de danza ou a condición de deportista de alto nivel ou de alto rendemento.

Orde do 22 de xuño de 2023 (DOG do 3 de xullo)

Distribuir contido


by Dr. Radut