Skip to Content

Pódese consultar o calendario de exames da convocatoria extraordinaria de 1º de Bacharelato e de 1º de FP Básica no documento adxunto.

Publicadas as cualificacións finais en Abalar e/ou entregadas ao alumnado no centro, poderase presentar reclamación en primeiro lugar ante o centro, para que o departamento didáctico en cuestión revise a cualificación.

De persistir o desacordo, poderase presentar, tamén na secretaría do centro, unha reclamación para que se tramite ante a Dirección Territorial (antes Xefatura Territorial).

Non se poderá recorrer á Dirección Territorial se non houbo reclamación previa ante o centro.

Modelos orientativos para as reclamacións

Pódese consultar o calendario de exames da convocatoria extraordinaria de 2º de Bacharelato no documento adxunto.

A semana do 17 ao 21 de xuño temos xornadas de portas abertas para alumnado e familias que queiran coñecer os nosos ciclos formativos de 10:00 h a 13:00 h. O martes 18 tamén podedes visitar o centro pola tarde de 16:00 h a 18:30 h.
 
Teléfono de cita previa: 886159176.
Correo electrónico: ies.johan.carballeira@edu.xunta.gal.
 
Esperamos a vosa visita.
Distribuir contido


by Dr. Radut