Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
« Martes Marzo 02, 2021 »
Mar
Start: 02/03/2021 19:32

Que o profe veña co teu exame corrixido é unha cousa, pero que cada quen teña que atopar o seu exame na outra punta do ximnasio e vir de volta axiña antes que os demais porque o último "paga prenda"...iso xa é outra cousa!! E se non que llo digan a estes de 1º !!

Start: 02/03/2021 19:39

O comezo nun deporte novo non adoita ser doado. E iso é o que lles está a pasar ó alumnado de 2º co bádminton. A moit@s cústalles atinar coa raqueta nese chisme tan curioso que parece unha pelota con saia. Paciencia, nun par de días estará dominado.

Start: 02/03/2021 19:44

Nestas semanas o alumnado máis cativo do noso centro está convidado a probar o rocódromo durante os recreos. Algúns xa se achegaron a probar. Aquí tedes a Hugo Domínguez "todo cheo" despois de tocar a campaíña que temos colgada arriba.

Distribuir contido