Iniciar sesión |
EventosMartes Marzo 02, 2021
Start: 02/03/2021 19:32
Que o profe veña co teu exame corrixido é unha cousa, pero que cada quen teña que atopar o seu exame na outra punta do ximnasio e vir de volta axiña antes que os demais porque o último "paga prenda"...iso xa é outra cousa!! E se non que llo digan a estes de 1º !! Start: 02/03/2021 19:39
O comezo nun deporte novo non adoita ser doado. E iso é o que lles está a pasar ó alumnado de 2º co bádminton. A moit@s cústalles atinar coa raqueta nese chisme tan curioso que parece unha pelota con saia. Paciencia, nun par de días estará dominado. Start: 02/03/2021 19:44
Nestas semanas o alumnado máis cativo do noso centro está convidado a probar o rocódromo durante os recreos. Algúns xa se achegaron a probar. Aquí tedes a Hugo Domínguez "todo cheo" despois de tocar a campaíña que temos colgada arriba. Mércores Marzo 24, 2021
Start: 24/03/2021 19:51
Pois si, a algúns profes tamén lles ferve o cú por probar isto da escalada. E se non que llo digan a Óscar que non dubidou en poñer un arnés e tirar para arriba. Menudo "ghabeator"!! |
Eventos
|