Skip to Content

CURSO 2008-09

Actividades Extraescolares no IES Illa de Saron

Neste Album de Fotos podes ver varias das actividades desenvolvidas no Centro nos últimos días:

  • Fotos do reparto de agasallos do "Amigo Invisible" que se levou a cabo o día de inicio das Festas do Nadal.
  • Fotos do Obradoiro de Tapiz realizado os días 19 e 21 de Xaneiro, impartido por un monitor do centro de Artesanía e Deseño da Diputación de Lugo.
  • Fotos da Viaxe a Madrid dos alumnos de 4º da ESO para asistir a un musical.

Pulsa sobre a imaxe para acceder ó Álbum coas tres galerías

galeria imágenes

“Empatía cos nenos e nenas do Yemen”

 
 

O pasado 18 de decembro os nenos e nenas do IES Illa de Sarón saímos de excursión, íamos buscar auga a unha  fonte de Xove. 

Esta actividade forma parte do feixe de actividades programadas dentro do Proxecto Interdisciplinar que desenvolvemos neste curso, baixo o nome “Por unha pinga de auga”. O obxectivo da visita foi o de poder apreciar o traballo e o esforzo que supón o feito de ter que percorrer moitos kilómetros para poder coller auga e transportala por nós mesmos para o consumo familiar.a semellanza dos nenos e nenas do Yemen, un país que tamén estudiamos a propósito deste proxecto, onde comprobamos que unha das tarefas dos nenos e nenas yemenís é a de ir buscar este ben preciado lonxe das súas casas e voltar con ela aos seus fogares para o consumo familiar., unha tarefa difícil sobre todo cando hai que facela a cotío. 

Saímos andando do IES, levamos garrafas para poder traer auga e despois de andar sobre kilómetro e medio chegamos á fonte. Polo camiño había que andar amodiño xa que os tratores que sacaron madeira do monte non deixaron a estrada en moi bo estado, pero atopamos diferentes especies de prantas, as diferentes árbores, etc. 

Aínda que intentamos pornos en lugar dos nenos e nenas yemenís, non o conseguimos, a humildade do ambiente, a vegetación e a tranquilidade de saber  que nós non temos escasez de auga  son bens dignos de apreciar e que non teñen comparación con levantarse antes de que saia o sol, levar garrafas de auga na cabeza kilómetros e kilómetros para abastecer de auga ás súas familias, iso sí, cando a hai. 

Pero pasámolo moi ben todos xuntos e aprendemos moitas cousas e sí nos demos conta que levar só tres ou catro litros de auga  nunha garrafa e na cabeza non resulta nada fácil e sobre todo pensando que  algún e algunha de nós tiña que mudar de roupa namais chegar á casa.

Ver ás imaxes a maior tamaño

Obradoiro de Automaquillaxe.

O Martes 16 de Decembro, dentro das actividades do PLAN VALORA, tivo lugar no Centro un Obradoiro de automaquillaxe. O Obradoiro foi impartido por Lucía Ferro, do Salón de Belleza do mesmo nome, situado en Covas. Podes ver as imaxes a maior tamaño neste enlace.

Obradoiro de automaquillaxe
 

O Espectáculo da Palabra.

A Semana pasada actuou no Conta Contos, Cándido Pazós, con "O Espectáculo da Palabra" moi ben acollido polos alumnos. Só contamos con dúas fotos do acto que poñemos.

 

O Conta Contos
 

Actos pola eliminación da violencia contra as mulleres

Pulsa sobre a imaxe para ver unha galería coas actividades desenvolvidas no Centro o luns 25 dentro dos Actos do día internacional pola eliminación da violencia contra as mulleres.

 

Non a Violencia

 

25 Novembro: Día contra a Violencia de Xénero

O vindeiro martes día 25, con motivo do "Día contra a Violencia de Xénero" terán lugar no Centro distintas actividades que resumimos. Incluimos tamén uns cantos videos con cancións que tratan o tema da Violencia contra as mulleres.

 

Día contra Violencia Xénero
  • Ás 12:00 unha representación de alumnos ( un de cada curso) irá á Praza do Concello , onde se prantará outra oliveira xunto coas representantes da Asociación de Mulleres “ BOLBORETAS”. Alí, os/as alumnos/as lerán un texto alusivo á conmemoración.
  • Durante o acto de plantar a oliveira no patio, outra representación do alumnado lerá distintos textos alusivos.
  • Soledad , xunto con algúns /as nenos/as , colocará ao longo dos pasillos un cómic sobre o maltrato que posteriormente lerán.
Andy y Lucas. Y en tu ventana
Bebe. Ella
Amaral. Salir Corriendo
Revolver. Lo que Ana ve

Proxecto de apertura do Centro fora do horario escolar en colaboración co Concello de Xove

O Centro colaborou có Concello de Xove na elaboración e presentación dun PROXECTO DE APERTURA DO CENTRO FÓRA DO HORARIO ESCOLAR PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES, programa que foi concedido pola Consellería.

            Nas datas que seguen, realizaránse unha serie de cursos (vídeo, fotografía, pintura e uso de Internet) dirixidos aos alumnos de 1º e 2º da E.S.O. impartidos por monitores especializados e artistas moi coñecidos.

             Na seguinte táboa aparecen as datas, horas, lugar e os nomes dos monitores.

 

Horario actividades
Nas datas que seguen, realizaránse unha serie de actividades dirixidas aos alumnos de 3º,4º da E.S.O.  e Ciclo formativo  impartidos por monitores especializados.

 

             Na seguinte táboa aparecen as datas, horas e lugares de realización. 

 

Horario actividades 2

 

 

Celebración do Samaín

O pasado venres, 24 de Outubro, celebrouse no Centro a festa do samaín, a máis importante do período precristián, marcaba para os celtas o comezo dun novo ano. Nesa data prendíanse lumes sagrados frotando pólas de capudre e teixo. Con esta cacharela inicial alimentábanse as lareiras de todas as casas.

Polo samaín era costume baleirar nabos de gran tamaño –posteriormente cabazas- para porlles dentro candeas. Varios séculos despois esta tradición ten continuidade nas festas de Halloween (adaptación do samaín á cultura americana, sendo máis semellante a un entroido), que poderían ter sido exportadas aos Estados Unidos de América polos irlandeses no século XIX.

Pulsa sobre a imaxe para ver una galería de fotos da festa no Instituto, organizada polos alumnos de 4º de ESO.

 

foto do samain

 

Máis información sobre o Samaín:

Reportaxe sobre o Samaín en Vieiros da Escola

A tradición en Galicia

O Aninovo Celta

O Samain na Wikipedia

Mira por el. Actividades sobre o Patrimonio Cultural Galego

Entre os días 6 e 13 deste mes de outubro terán lugar no Centro distintas actividades sobre a defensa do Patrimonio Cultural Galego, organizadas pola Dirección Xeral do Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia. Podedes ver unha imaxe co horario das actividades por cursos pulsando sobre este enlace. O tedes tamén para descargar como adxunto ó final da entrada. Podes ver tamén o spot feito pola Dirección Xeral do Patrimonio aloxado en YouTube.

 

Podes ver máis información na páxina oficial de mira por el.

Taller de DJ impartido polo DJ KARRAS MARTÍNEZ

O Mércores 15 de Outubro, de 16:30 a 18:30 tivo lugar o Taller de DJ, impartido polo DJ KARRAS MARTÍNEZ, actividade que forma parte do programa PLAN VALORA. Pulsando sobre a imaxe podes ver fotos das actividades levadas a cabo polos alumnos.

 

Galería Imaxes Taller DJ
Distribuir contido


by Dr. Radut