Skip to Content

“Empatía cos nenos e nenas do Yemen”

 
 

O pasado 18 de decembro os nenos e nenas do IES Illa de Sarón saímos de excursión, íamos buscar auga a unha  fonte de Xove. 

Esta actividade forma parte do feixe de actividades programadas dentro do Proxecto Interdisciplinar que desenvolvemos neste curso, baixo o nome “Por unha pinga de auga”. O obxectivo da visita foi o de poder apreciar o traballo e o esforzo que supón o feito de ter que percorrer moitos kilómetros para poder coller auga e transportala por nós mesmos para o consumo familiar.a semellanza dos nenos e nenas do Yemen, un país que tamén estudiamos a propósito deste proxecto, onde comprobamos que unha das tarefas dos nenos e nenas yemenís é a de ir buscar este ben preciado lonxe das súas casas e voltar con ela aos seus fogares para o consumo familiar., unha tarefa difícil sobre todo cando hai que facela a cotío. 

Saímos andando do IES, levamos garrafas para poder traer auga e despois de andar sobre kilómetro e medio chegamos á fonte. Polo camiño había que andar amodiño xa que os tratores que sacaron madeira do monte non deixaron a estrada en moi bo estado, pero atopamos diferentes especies de prantas, as diferentes árbores, etc. 

Aínda que intentamos pornos en lugar dos nenos e nenas yemenís, non o conseguimos, a humildade do ambiente, a vegetación e a tranquilidade de saber  que nós non temos escasez de auga  son bens dignos de apreciar e que non teñen comparación con levantarse antes de que saia o sol, levar garrafas de auga na cabeza kilómetros e kilómetros para abastecer de auga ás súas familias, iso sí, cando a hai. 

Pero pasámolo moi ben todos xuntos e aprendemos moitas cousas e sí nos demos conta que levar só tres ou catro litros de auga  nunha garrafa e na cabeza non resulta nada fácil e sobre todo pensando que  algún e algunha de nós tiña que mudar de roupa namais chegar á casa.

Ver ás imaxes a maior tamaño



story | by Dr. Radut