Extraescolares e complementarias

Obradoiro de Papiroflexia "Do plano ao espazo"

    

A Papiroflexia ou "Origami" é unha arte de orixe xaponesa consistente no plegado de papel sen usar tesoiras nin pegamento para obter figuras de formas variadas, moitas das cales poderían considerarse como esculturas de papel. 

Xoga un papel moi importante na educación: desenvolve habilidades mentais como intelixencia, memoria, atención ou imaxinación, fomenta o traballo en equipo, a coordinación de movementos, a psicomotricidade fina e axuda a resolver problemas de lóxica ou matemáticas. 

Profesora: Marosa Vázquez.

Todos os martes e xoves de 12:10 a 12:30 (Segundo recreo)

Na seguinte ligazón tes un exemplo divertido de como facer unha grulla:

https://www.youtube.com/watch?v=qUJhP1JRa4E

Visita a GALICIENCIA alumnos de Física e Química 4º ESO e 2º Bacharelato Ciencias

1 Dec 2017
Atlantic/Bermuda

Os alumnos de Física e Química de 4º ESO e 2º BAC visitaron GALICIENCIA o 23 de Novembro.

Asistiron a dúas charlas moi participativas sobre astronomía, tema deste ano na Galiciencia, e puideron ver os proxectos que participaban este ano.

 

Distribuir contido