Obradoiro de Papiroflexia "Do plano ao espazo"

    

A Papiroflexia ou "Origami" é unha arte de orixe xaponesa consistente no plegado de papel sen usar tesoiras nin pegamento para obter figuras de formas variadas, moitas das cales poderían considerarse como esculturas de papel. 

Xoga un papel moi importante na educación: desenvolve habilidades mentais como intelixencia, memoria, atención ou imaxinación, fomenta o traballo en equipo, a coordinación de movementos, a psicomotricidade fina e axuda a resolver problemas de lóxica ou matemáticas. 

Profesora: Marosa Vázquez.

Todos os martes e xoves de 12:10 a 12:30 (Segundo recreo)

Na seguinte ligazón tes un exemplo divertido de como facer unha grulla:

https://www.youtube.com/watch?v=qUJhP1JRa4E