Skip to Content

Taboleiro

entrega do boletín de notas e do impreso de matrícula

 

Os boletíns de cualificación e os impresos de matrícula serán entregados o día 23 de xuño de 2020 nos seguintes horarios:

 

Reclamacións das cualificacións de 2º de bacharelato

Publicación da Circular 2/2020 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa pola que se desenvolve a Orde do 22 de abril de 2010, pola que se establece o procedemento que cómpre seguir nas reclamacións das cualificacións outorgadas no segundo curso do Bacharelato establecido na Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación, para o curso 2019/2020.

Datas das probas de acceso a ciclos de FP de grao medio e grao superior

Publicada a Resolución do 24 de maio de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se adoptan medidas para o desenvolvemento das probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e de grao superior de Formación Profesional do sistema educativo.

Resolución do 22-05-2020 pola que se reinicia a actividade lectiva presencial no curso 2019-2020

Resolución, do 22-05- 2020, da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional pola que se reinicia a actividade lectiva presencial no curso 2019-2020, se determinan as instrucións para o que resta do presente curso e se adoptan medidas de prevención e hixiene para a reapertura parcial nos centros de ensino non universitario dependentes da Consellería.

Adaptacións das programacións para o curso 2019-2020

Seguindo as instrucións da CEUFP do 27 de abril de 2020 para o desenvolvemento do tercerio trimestre do curso 2019-2020, nos departamentos didácticos do IES Fernando Esquío realizáronse as seguintes adaptacións das programacións:

XORNADA DE ORIENTACIÓN E DE PORTAS ABERTAS NA UNIVERSIDADE DE VIGO

Nos seguintes enlaces tedes acceso ás xornadas do 13 e 14 de maio:

Xornada de orientación Universitaria Virtual, o 13 de maio entre as 17:00 h e as 19:30 h:

XORNADA DE PORTAS ABERTAS NA UNIVERSIDADE DA CORUÑA

Coñece a Universidade da Coruña o 23 e 24 de abril pinchando no enlace https://www.udc.es/es/futuros_estudantes/portas_abertas/

“Encontros Virtuais” da Universidade de Santiago

A Universidade de Santiago (campus de Santiago e Lugo) organiza uns encontros virtuais os días 6, 7 e 8 de abril a través da web https://www.usc.gal/gl/encontros-vituais que estará dispoñible a partir do 4 de abril.

A través desta páxina o alumnado encontrará:

Probas de acceso a ciclos de FP de grao superior

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional vén de tomar a decisión de aprazar a realización da proba de acceso a ciclos formativos de grao superior de formación profesional, prevista para o día 23 de abril, debido á situación provocada pola pandemia causada polo Covid-19. Proximamente, en función da evolución da pandemia, publicarase un novo calendario de probas de acceso.

Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio. Listaxes provisionais de inscrición e exencións. Convocatoria 2020

Polo momento mantéñense as probas de acceso a grao medio para o 28 de maio.

Distribuir contido


by Dr. Radut