Skip to Content

Probas de acceso a ciclos de FP de grao superior

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional vén de tomar a decisión de aprazar a realización da proba de acceso a ciclos formativos de grao superior de formación profesional, prevista para o día 23 de abril, debido á situación provocada pola pandemia causada polo Covid-19. Proximamente, en función da evolución da pandemia, publicarase un novo calendario de probas de acceso.

Así mesmo quedan pendentes de actualización as datas de reclamación contra as listaxes provisionais de admitidos nas probas de acceso a ciclos de formación profesional de grao medio. Toda a información pode consultarse no Portal Educativo, na ligazón, http://www.edu.xunta.es/fp/acceso-grao-superior-convocatoria-actual .



blog | by Dr. Radut