Minimarket 2018

 

 

Preme para acceder á galería de imaxes do certame

A Asociación de Novos Empresarios ( AJE) de Ferrolterra, Eume e Ortegal puxo en marcha unha nova edición do certame Ferrolterra Emprende Xove, un concurso que premia o talento, o espírito emprendedor e a orixinalidade dos proxectos de mozos de todas as comarcas. Trátase da quinta edición da cita, da que toman parte, ademais do noso centro IES Fernando Esquío, o IES Concepción Arenal, o IES Sofía Casanova, o colexio Compañía de María, o IES de Mugardos, o colexio Ayala, o colexio Cristo Rey, o colexio Mercedarias, A Xunqueira de Fene e o Rodolfo Ucha.

Tras as sesións formativas que profesionais vinculados á entidade de novos empresarios foron impartindo en cada un dos centros participantes, o xurado do certame elixíu un premio para un centro de formación profesional, outro para un centro de secundaria-bacharelatos e dous accesits, do que un deles recaeu nun dos tres grupos do noso centro.

Zoohotel trátase dunha iniciativa para atender mascotas dun xeito amigable e responsable, para que os animais ao ter que permanecer nun lugar descoñecido, o fagan sen ter ningún sufrimento nun ambiente de liberdade. Os rapaces editaron un folleto, unha web e crearon un perfil en instagram no que xa tiveron un contacto para contratalos, proba de que a idea é viable e xa tería o seu lugar no mercado.

Norabóa a todos os participantes, aos gañadores e a profesora de economía Dolores Rey por animalos a participar.