Visita a Pull and Bear

 

Os alumnos de 4º da ESO (Economía e   IAEE), de 1º de Bacharelato (Economía) e de 2º de Bacharelato (Economía da Empresa) visitan a empresa   Pull   and   Bear (Grupo INDITEX) ten en Narón, no Polígono Industrial Río  do Pozo:

A visita pretendeu mostrar aos alumnos a importancia que esta empresa ten no tecido industrial galego e mundial. Visitáronse os dous edificios que constitúen as instalacións de Narón: o almacén e o edificio de oficinas.

O edificio de oficinas está equipado cos máis modernos sistemas tecnolóxicos e de sustentabilidade ambiental (eficiencia no uso da auga, sanitarios de baixo consumo, sistemas de aforro enerxético diversos, deseños interiores moi coidados en ambientación e deseño, materiais sustentables para a súa construción, ferros exteriores que permiten o aproveitamento da enerxía solar, sistema de  cogeneración para o abastecemento de enerxía térmica, etc.). Desde aquí, prepáranse os deseños de roupa que despois se venderán a máis de 71 mercados.

Ao seu lado, outro edificio dedicado a almacéns e xestión loxística, envía mercadorías a todo o mundo. A súa actividade aumentou  exponencialmente nos últimos anos, debido ao auxe das vendas por Internet.