Skip to Content

Visita a Gadisa

Preme aquí para ver todas as imaxes

O pasado martes 17 de abril, os nosos alumnos do Programa Formativo Básico de Almacén, xunto con alumnos doutros PFB da comarca (Industrias Alimentarias e Comercio) visitaron as instalacións que a empresa Gadis ten no Polígono de Piadela, en Betanzos.

Gadisa, empresa cuxa actividade principal é a distribución, ó por maior e en supermercados, de productos de alimentación, principalmente, conta cunha rede de 379 establecementos de venda moi coñecidos na nosa comunidade. Para esta actividade, necesita dispor de enormes almacéns, apropiados para a conservación de todas as mercadorías ata que sexan enviadas ás tendas.

Os nosos alumnos puideron comprobar a amplitude destes almacéns e a xestión, totalmente informatizada, das actividades loxisticas alí desenvolvidas.



blog | by Dr. Radut