Skip to Content

Gala contra o cancro infantil

Ver a galería de fotos

 

O Concello de Neda celebrou o éxito da gala benéfica que celebrou contra o cancro infantil durante o pasado domingo, á que asistiron máis de 580 persoas e na que se recadou preto de 3.500 euros.

O pavillón municipal foi o lugar elixido para o evento, presentado por un dos nosos exalumnos Dani Ríos,  terá continuidade nos próximos anos e todo o diñeiro recadado irá destinado á investigación oncolóxica.

Durante a gala realizáronse actividades moi distintas, como unha chocolatada, un taller de maquillaxe ou a posta en marcha dunha cantina.

Os nosos alumnos participaron en diversas actividades, desde unha exhibición de karate, baile de salón e interpretación do grupo de rock interpretando catro temas, tanto o grupo de 2º ESO como o de Bac.

Norabóa ao Concello pola iniciativa e grazas por convidarnos.



blog | by Dr. Radut