Skip to Content

Marcha polo bo trato e contra a violencia de xénero

O pasado 24 fomos de marcha cara a Casa da Cultura onde coincidimos co resto de alumnos dos colexios do concello para falar polo bo trato e contra a violencia de xénero. os alumnos de 1º da ESO leron un manifesto e expresaron a súa inquedanza polos casos de violencia na familia que se están a producir e o seu compromiso por ter un futuro sen violencia.

Se queredes ver as fotos do día, vos deixamos a galería do evento e lle agradecemos ao alcalde e resto de membros da corporación a iniciativa, e sobre todo a chocolatada que veu despois nun día tan desapacible!!

 



blog | by Dr. Radut