Skip to Content

Visita de Exparlamentarios ao centro

 

Tal e como estaba previsto, hoxe pola mañá tivemos unha charla-coloquio con Fernando Rodríguez Corcoba, Natividad González Laso e Carlos Aymerich Cano, exparlamentarios do PPdeG, PSG e BNG.

Durante a charla inicial comentaron o que significa a institución máis importante de Galicia, como funciona e cal é a dinámica de actividades na cámara de representación da cidadanía. Falaron da súa importancia e cal foi a súa experiencia nos anos que foron deputados en activo.

O parlamento é o lugar onde se fala, se dialoga, se chega a acordos e onde o respecto debe ser a lei onde se debuxan os acordos. Onde non hai parlamento non hai lei nin orde, as mafias campan con liberdade, só hai que mirar na prensa e nos noticiarios as reseñas dos países que carecen dun sistema democrático coma o noso, que por suposto é mellorable pero é o máis representativo.

Non é doado conseguir o que os ciudadáns solicitan en tempo e forma, e non resulta sinxelo conseguir o ben común sen mirar as conveniencias dos partidos. Animaron aos rapaces a formar parte de asociacións locais, deportivas e de calquera outra índole para aprender a consensuar e a tomar decisións.

Os alumnos fixeron preguntas moi interesantes mostrando a súa madurez na atención que bridaron aos relatores:

  • Se algunha vez na súa experiencia política tiveran que votar ou acordar unha decisión que non coincidía coa súa conciencia
  • Cal era a súa opinión do sistema educativo español na actualidade

Toda unha lección de pedagoxía política que agradecemos ao Parlamento de Galicia e á Asociación de Exparlamentarios por achegarse aos centros educativos e poñer a súa experiencia á mán dos rapaces.

 



blog | by Dr. Radut