Skip to Content

Festival de Nadal

          

Este curso disfrutamos dun Festival de Nadal cheo de actividades grazas aos alumnos que quixeron amosar as súas habilidades e ao resto que animou aos participantes. Por todo agradecemos a súa dispoñibilidade a:

  • Ás gañadoras, Irene e Lucía de 4º ESO A,  e participantes no concurso de entroido da biblioteca.
  • Á mellor usuaria da biblioteca: Eva de 3º ESO B.
  • Aos gañadores do concurso de postais de Nadal: Diego de 1º ESO B e Marta de 3º ESO A.
  • Miguel de 1º ESO A e José Antonio de 1º BAC pola súa exhibición no manexo e solución do cubo de Rubik.
  • Samuel de 3º ESO B e Alba de 4º ESO A pola súa mostra de baile de salón.
  • Jessica de 1º ESO A e Sofía de 3º ESO B polo baile final.
  • Aos alumnos de varios niveis que interpretaron un karaoke de nadal en francés.
  • Aos alumnos de 2º BAC por animarse a un karaoke en inglés.
  • A un grupo moi numeroso de alumnos da ESO que participaron nunha ginkana de Nadal e a Alejandra de 3º ESO A por ser a única rapaza que se animou.
  • Aos alumnos de tecnoloxía creativa de 1º da ESO por amosar os seus traballos neste trimestre
  • A todos os espectadores alumnos e exalumnos que fixero o seu papel de público animoso coas distintas actividades.

Moitas grazas a todos e a esperar polo seguinte festival, mentras podedes disfrutar das fotos que faltan nos enlaces anteriores.



blog | by Dr. Radut