Skip to Content

Fondo solidario de libros de texto

Prazo de solicitude:   do 21/5/2024 a 21/6/2024, incluídos

Forma de presentación de solicitudes:

  1. Electrónica:  utilice esta aplicación e presente solicitude na Sede Electrónica  [iniciar].

IMPORTANTE: na presentación electrónica deberá presentar unha solicitude individual para cada un dos seus fillos ou fillas.

NECESITARÁ ter:

A) conta de Chave365, ou

B) ter instalado certificado dixital (guía) ou DNI electrónico e máis a aplicación Autofirma

2. Presencial con asistencia da aplicación : cubra os datos no pdf, imprima os Anexos I e II producidos e presenteos no centro educativo [iniciar].

3. Presencial manual: cubra os Anexo I e Anexo II  da Orde da convocatoria e presénteos no centro educativo.

O alumnado que non estea admitido nin coñeza en que centro vai estar escolarizado no curso escolar 2024-2025, deberá presentar a solicitude no centro no que está matriculado no curso 2023-2024.

As solicitudes por incorporación ao centro educativo fóra do prazo establecido poderán presentarse unicamente de xeito presencial no propio centro, ata o 31/3/2025.

 

Documentación complementaria:

Especificase no artigo 11 da Orde de convocatoria

NON será necesario xuntar coa solicitude os DNIs, NIEs, acreditacións de discapacidade expedidas pola Xunta, acreditacións de pensión por incapacidade, ou declaracións de IRPF, sempre que NON sinale oposición á comprobación telemática pola administración (para a declaración de IRPF requírese autorización expresa) [artigo 12 da Orde de convocatoria]

A administración poderá reclamar a presentación de documentación cando non sexa posible a verificación por vía telemática

 

AdxuntoTamaño
Anexo1- fondolibros.pdf1.88 MB
Anexo2- fondolibros.pdf1.24 MB


blog | by Dr. Radut