Skip to Content

Procedemento para a matrícula na ABAU

Os pasos a seguir para realizar a matrícula na ABAU son:

  1. - Comprobar os datos, sobre todo o número de teléfono e o correo electrónico
  2. - Pagar as taxas do título de bacharelato

  As instruccións para o pago podedes velas en: Pago de taxas (recoméndase a opción 3 de pago telemático).

  Pídesnos uns códigos que son:

  Consellería: 07

  Delegación: 13

  Servicio: 03

  Taxa: 302003

3. - Cubrir o impreso de matrícula ABAU

4.- Pagar as taxas da ABAU, isto pódese facer de dúas formas:

  a) Cubrindo a man o Modelo de autoliquidación e presentalo no banco.

  b) Telemáticamente, no NERTA, accedendo mediante usuario e contrasinal. Non se pode facer ata que esté feita a prematrícula. O procedemento para a prematrícula se describe a continuación:

- Presentar na secretaría do IES Fernando Esquío a seguinte documentación:

  a) Xustificantes de pago do título de BAC e da matrícula da ABAU (se se fai o pago no banco)

  b) Fotocopia do carné de familia numerosa (FNCX ou FNCE) de ser o caso

  c) Impreso cuberto da matrícula da ABAU

  d) Fotocopia do DNI

- Unha vez entregado todo xérase unha conta de usuario para acceder a NERTA e recíbese un código para activar a conta de usuario. Se non se fixo o pago da matrícula ABAU, hai que facelo nese momento a través de NERTA.

 



blog | by Dr. Radut