45. Contos asombrosos

 A aboa contáballe asombrosos contos ó neno do que coidaba e este sempre se mostraba encantado coas historias que lle contaba

- Cóntame un conto moi raro, aboa – solicitou nunha ocasión, como era costume-. Anda, cóntamo.

            Ela era moi agarimosa e ninguén sabía de onde sacaba os seus contos, pero eran realmente especiais. Colleu o neno no colo e comezou a relatarlle unha historia máis.

            Trataba dunha cidade que nunca existira e onde vivían tres fermosas princesas, das que dúas non naceran e a terceira non fora concibida. Cando  os parentes das tres fermosas princesas morreron, estas decidiron partir para terras afastadas . Era un viaxe moi longo e penoso. Ao cruzar as ardentes areas do deserto, a calor resultaba tan sufocante que estiveron a punto de desmaiarse polo fogo que dende as areas queimaba os seus pés primorosos. Extenuadas, refuxiáronse á sombra de tres árbores, das que dúas non existían e unha nunca fora plantada. Alimentáronse dos froitos das árbores e repousaron aproveitando a súa sombra amable e reconfortante. Despois seguiron a viaxe. Despois dun tempo alcanzaron a beira dos tres ríos, dos que dous estaban secos e o terceiro nunca tivera  unha soa pinga de auga. As tres beberon das súas augas e bañaron os seus corpos de nácara. Volveron a poñerse en marcha e andaron ata chegar a unha espléndida cidade que aínda non fora edificada. Camiñaron alborozadas polas rúas e chegaron a tres pazos, dos que dous aínda non foran proxectados e un terceiro carecía de muros. Felices, as tres princesas entraron nos pazos e nunha das fastosas estancias atoparon tres pratos dourados, dos que dous estaban rotos e  o terceiro estaba feito anacos. Foi o terceiro prato o elixido para servirse a comida que ían a prepararse: ían a cociñarse noventa e nove menos cen graos de arroz. Unha vez preparada a comida invitaron a tres ascetas, dos que dous non tiñan corpo e o terceiro non tiña boca. Cando os tres ascetas  acabaron de degustar   a saborosa comida, as princesas comeron o resto. Ascetas e princesas estaban moi satisfeitos co suculento banquete.

      Cando rematou o conto, que o neno seguiu con atención e entusiasmo, dixo a anciá:

- Pequerrecho, nunca esquezas esta historia cando sexas un home, así saberás comprender a vida, que é como un soño ao que nunca deberías permitir que che roube a paz interior.