46. Mal carácter

Era un neno con moi mal carácter. O seu pai deulle unha bolsa de cravos e díxolle que clavara un no valado do xardín cada vez que perdera a paciencia e tivera algunha disputa con alguén.

O primeiro día clavou 37. Pero no transcurso das semanas, aprendeu a controlarse e o número de cravos incrustados no valado diminuiu día tras día: xa se decatara de que era máis doado controlarse que cravar cravos na barreira.

Semanas despois foi ver ao seu pai e díxolle que durante ese día non cravara ningún cravo. O seu pai díxole entón que quitara un cravo do valado por cada día que non perdera a paciencia.

Os días pasaron e finalmente o neno puido dicirlle ao seu pai que xa sacara tódolos cravos. O pai levou ao seu fillo ao valado e díxolle:

- "Fillo, portácheste moi ben, pero mira tódolos ocos que hai na madeira. Non será endexamais como era antes. Cuando pelexas con alguén e lle dis algo que o fiere ou maltrata, cáusaslle unha ferida como ésta."

Unha ferida verbal fai tanto dano como unha ferida física.