44. O ambicioso picador de pedra

Conta a lenda que un humilde picador de pedra vivía resignado na súa pobreza, aínda que sempre ansiaba o desexo de se converter nun home rico e poderoso. Un bo día expresou en voz alta o seu desexo e cal foi a súa sorpresa cando viu que este se fixera realidade: convertérase nun rico mercader.

Esto fíxoo moi feliz ata o día que coñeceu a un home aínda máis rico e poderoso ca el. Entón pediu de novo ser así e o seu desexo foille tamén concedido. Ao pouco tempo comprobou que debido á súa condición tíñase creado moitos inimigos e sentiu medo.

Cando viu cómo un feroz samurai resolvía as diverxencias cos seus inimigos, pensou que o manexo maxistral dun arte de combate garantizaríalle a paz e a indestructibilidade. Así que quixo converterse nun respectado samurai e así foi.

Sen embargo, aínda sendo un temido guerreiro, os seus inimigos aumentaran en número e perigosidade. Un día sorprendeuse mirando ao sol dende a seguridade da ventá da súa casa e pensou: "el si que é superior, xa que ninguén pode facerlle dano e sempre está por riba de tódalas cousas. ¡ Quero ser o sol !".

Cando logrou o seu propósito, tivo a mala sorte de que unha nube interpúxose no seu camiño entorpecendo a súa visión e pensou que a nube era realmente poderosa e así era como verdadeiramente lle gustaría ser.

Así, convertiuse en nube, pero ao ver como o vento lle arrastraba coa súa forza, a desilusión foi insoportable. Entón decidiu que quería ser vento. Cando foi vento, observou que aínda que sopraba con gran forza a unha rocha, esta non se movía e pensou: ¡ ela sí que é realmente forte: quero ser unha rocha ! Ao se converter en rocha sentiuse invencible porque cría que non existía nada máis forte que el en todo o universo.

Pero cál foi a súa sorpresa ao ver que apareceu un picador de pedra que tallaba a rocha e comezaba a darlle a forma que quería pese á súa contraria vontade. Esto lle fixo reflexionar e levouno a pensar que, en definitiva, a súa condición inicial non era tan mala e que desexaba de novo volver a ser o picador de pedra que era nun principio.