25. Dúas ras

Dúas ras saltaron dentro dun cubo de nata nunha leitería.

- “Máis vale que nos deamos por vencidas”, croou unha delas mentres se esforzaba en vano por saír. “estamos perdidas”.

- “Segue nadando”, dixo a outra. “Sairemos de algunha maneira”.

- “É inútil”, berrou a primeira. “É demasiado espeso para nadar, demasiado brando para saltar, demasiado esvaradío para arrastrarse. Como de todas maneiras habemos de morrer algún día, mellor que sexa esta noite”.

 

Así que deixou de nadar e pereceu afogada. A súa amiga seguiu nadando e nadando sen renderse. Ao amencer atopouse sobre un bloque de manteiga que ela mesma batera. E alí estaba, sorrindo, comendo as moscas que acudían en bandadas en todas direccións.