26. O tigre e o raposo

Un tigre famento conseguiu atrapar un raposo e dispúxose a devoralo. Disimulando o seu gran terror, e sacando forzas de fraqueza, o raposo, nun intento desesperado por sobrevivir, dixo:

- ¡Un momento, amigo! ¡Alto! Asegúroche que eu son o rei dos animais do bosque. Tal é o mandato do Deus Celestial que ninguén debe nin pode desobedecer. A pesar da túa gran forza, non podes facerme ningún dano, pois se o intentaras, el castigaríate severamente.

- Vaia, sorprendeuse o felino-. Xamais oíra algo semellante ¿Como podes demostrarme que de verdade es o rei dos animais do bosque por decreto do Deus Celestial?

- Nada será máis fácil –asegurou o raposo, aparentando moita seguridade en si mesmo-. Acompáñame a dar un paseo polo bosque. Ségueme a curta distancia e observa como tódolos animais foxen de min.

Arrogante, pisando con firmeza, o raposo comezou a pasear airosamente a súa estampa, seguido a curta distancia polo tigre. Este non puido menos que quedar perplexo ó constatar que tódolos animais cos que se ían atopando corrían despechados ó velos. Obviamente non temían ó raposo, senón ó tigre, pero este non advertiu cousa tan notoria e acabou perdoando a vida ó animal, como se realmente o Deus Celestial o protexese.

Non hai que fuxir da vida, senón aprender a afrontala, con tódalas súas vicisitudes, tratando de atopar os recursos cando as circunstancias o requiran. A estabilidade emocional, o equilibrio e a madurez axudarannos a sentirnos mellor con nós mesmos, pero tamén a estimular recursos internos en situacións difíciles e inesperadas.

Esta pequena historia ten una ensinanza e é responsabilidade de cada quen descubrila e utilizala como propósito da propia vida. Lograr soños non é cousa imposible, que os pensamentos que xeramos con toda vehemencia e que e nacen do más profundo de nos, exercen unha magnífica influencia para a realización de metas e anhelos da nosa vida exterior e interior. En certa forma, somos o que pensamos, pois somos os arquitectos do noso propio destino.