24. Uns levan a fama e outros cardan a lá

A escasos anos de ter concluído a súa carreira, o enxeñeiro suízo Mauricio Koechlin foi contratado por unha compañía constructora francesa. Desde o principio non se tivo a menor dúbida de que aquel posto víñalle a Koechlin como anel ó dedo. Tanto é así que de un día para outro pasou a dirixir, por evidentes méritos propios, o gabinete de estudios do xefe. Ninguén chegou a poñer en tela de xuízo esa decisión. Máis ben, a medida que se ía desenvolvendo naquela empresa, íase comprobando o acerto de terlle confiado aquela responsabilidade. A proba máis contundente do enxeño daquel home sería o proxecto que emprendería a súa firma no Campo de Marte de París para realzar a Exposición Centenaria de 1889 con motivo do centésimo aniversario da revolución francesa. Á famosa construcción de ferro de 300 metros de altura que quedou alí como froito do seu talento creador, bautizouna a posteridade, con notoria inxustiza, só co nome do enxeñeiro propietario da firma constructora, Gustav Eiffel. De modo que ata o día de hoxe todo o mundo a coñece como a Torre Eiffel.