04. Contando ovellas vía satélite

Estaba un home dando de pastar ao seu rabaño de ovellas, cando de súpeto aparece polo inhóspito camiño unha camioneta Navigator 4x4 full size e 0 km.

Detense fronte ao vello e baixa un mozo de non máis de 30 anos.

Traxe negro, camisa branca "Hugo Boss" e zapatos "DKNY"; acércase ao vello e dille:

"Señor se eu lle adiviño cántas ovellas ten vostede no seu rabaño, regálame unha?"

O vello responde con algo de asombro:

"Sí, cómo non."

Entón o mozo volve ao seu 4x4 e saca unha Toshiba Tecra 9000 Pentium V a 2.5Ghz con 512 MB de RAM. conéctase á Rede de Redes, baixa unha base de datos de 300 MB.

Entra a unha páxina da NASA, mediante un satélite identifica a zona exacta de onde está o rabaño, calcula o promedio histórico do tamaño dunha ovella tipo "Merino" mediante unha táboa dinámica de Excel e, coa execución de algunhas Macros personalizadas en Visual Basic, logra completar o diagrama de fluxo. Logo de tres horas respóndelle ao vello...

"Vostede ten 1347 ovellas,256 machos e 1091 son femias, e 4 poden estar preñadas".

O vello asentiu e díxolle que efectivamente, así era, e que podía levar unha ovella.

O mozo tomou unha e cargouna no seu 4x4. e estaba por irse, cando o vello o detivo e preguntoulle:

"Disculpe, pero se eu chegase a adiviñar cál é a súa profesión, ¿vostede devólveme a miña mi ovella?

O mozo díxolle sorrindo:

"Seguro, home, díxolle mentres abría a porta da súa camioneta para marchar. O vello entón contestou:

"Vostede é Auditor"

O mozo, sorprendido completamente, dixo:

"¡Exacto! ¿Cómo se decatou?"

O vello respondeulle:

"Por 4 razóns: Primeiro, por mamón; Segundo, veu sen que eu o chamara;

Terceiro, cobroume por dicirme algo que eu xa sabía; e Cuarto, nótase que non ten nin puta idea do negocio. Devólvame o meu can"