05. Saber nadar

Xa acadara o seu título universitario e invertido moitos anos no estudio, a investigación e a lectura. Convertérase nun erudito notable; estaba moi orgulloso da súa cultura. Un día, para ir a outra cidade, tivo que cruzar un río. Para elo tomou unha barca e pediulle ó barqueiro que o pasara á outra beira. Este era un home maior, pero remaba con destreza. A barca deslizábase apraciblemente polas augas do caudaloso río. De repente, unha bandada de aves sucou o firmamento.

- Dime, bo home, ¿sabes algo da vida das aves? -preguntou o mozo erudito.

- Non, señor, a verdade é que non sei nada sobre aves -respondeulle o barqueiro.

- Pois, sendo así, direiche que perdiches a cuarta parte da túa vida -concluíu o mozo con suficiencia.

- Transcorreron uns minutos. O barqueiro aplicábase ó seu traballo con tesón; remaba e remaba, en tanto o outro entregábase á contemplación da paisaxe. De repente cruzáronse cunha alfombra de plantas acuáticas.

- ¿Sabes algo das plantas? –-inquiriu o mozo sabio.

- Non señor, -volveu a responderlle-, non teño a menor idea acerca delas.

- ¡Vaia! –-exclamou o mozo-. Pois perdiches a metade da túa vida.

A barca seguía a deslizarse sobre as augas. Os raios de sol eran mornos e luminosos. O mozo observou as augas e preguntou:

- Amigo barqueiro, moitos anos levas deslizándote pola auga: ¿Sabes algo respecto á natureza da auga, a súa composición, as súas características?.

- Nada en absoluto, señor -foi a resposta.

- Neste caso, debo dicirche que perdiches as tres cuartas partes da túa vida -dictaminou o viaxeiro.

Pasaron uns minutos. O calor tornábase sufocante, o suor perlaba a fronte apergamiñada do barqueiro.

Inesperadamente, a barca comezou a facer auga. O barqueiro preguntou ó mozo arrogante:

- Señor, ¿sabes nadar?

- Non

- Pois temo, señor, que perdiches toda a túa vida