03. O primeiro ministro

O monarca contaba cun primeiro ministro que era posuidor dunha visión moi clara e dunha ecuanimidade sen tacha. O rei tíñalle por elo un gran aprecio e, sobre todo, depositaba nel toda a súa confianza. Ante calquera situación imprevista, o primeiro ministro dicía con tranquilidade: “Será para ben”. Pero certo día o rei estaba utilizando un afiado coitelo e seccionou por completo un dedo nun momento de descoido. O primeiro ministro estaba presente e declarou:

- Será para ben.

O monarca montou en cólera. Pero, ¿cómo ha de ser para ben perder un dedo da man real? Estaba enfurecido. Acababa de quedar mutilado para o resto da súa vida e aquel ministro, como se nada tivera pasado, dicíalle co maior dos sosegos que “sería para ben”. O monarca sentiuse moi decepcionado e ordenou ao instante que o apresaran e o conduciran a prisión.

Pero o ministro, ó oír a orde, repuxo tranquilamente:

- Será para ben.

Pasaron uns días e as tropas do reino veciños someteron ao reino do monarca mutilado. O vencedor ordenou que se ofrecera aos deuses o corpo do monarca destronado. Os sacerdotes ían a celebrar o sanguento sacrificio cando descubriron que o monarca carecía de un dedo. Ningún corpo podía ser sacrificado aos deuses se era imperfecto, e o do rei érao, así que non podía ser ofrecido en sacrificio.

- En ese caso –ordenou o rei victorioso-, vamos a sacrificar ao primeiro ministro. Que compareza ante min e quitádelle a vida en honor aos deuses.

Pero como a prisión do primeiro ministro estaba lonxe, as tropas vencedoras non lograron atopalo. Unas semanas despois, un gran continxente de tropas leais ao monarca destronado e procedentes da fronteira recuperaron o reino. O rei foi liberado e recobrou o seu trono. Entonces comprendeu cánta razón tiña o seu primeiro ministro. Ordenou que o deixaran en liberdade e logo díxolle:

- ¡O meu fiel amigo, canta razón tiñas! Porque perdera o meu dedo non fun sacrificado e porque estabas en prisión, tamén ti te libraches dunha morte segura. Seguirás sendo de por vida o meu primeiro ministro.

- Non será posible, señor, porque vendo o inestable que é todo, decidino atopar a estabilidade onde so é posible atopala: no meu interior.

Entonces o monarca sentenciou:

- Será para ben.

E o primeiro ministro repuxo:

- Aprendeu vostede a lección. ¡Os meus parabéns!.

El libro de la felicidad. Ramiro A. Calle